Darío recibe o premio ao Jugador Cinco Estrellas da Primeira Volta

8 de Febreiro de 2023
Mahou e Momo
Xogadores Entrega Jugador Cinco Estrellas
Txus Vázquez, Darío e Juan Carlos Gesto
Directiva con Darío
  • O dianteiro santiagués, pichichi do equipo, foi elixido pola afección cos seus votos en Twitter

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2023

Acompañado polos seus compañeiros, Darío Germil recibiu este mércores, no Pub Momo, o trofeo que o acredita como o #JugadorCincoEstrellas da SD Compostela da Primeira Volta.

O pichichi do equipo, coas súas oito dianas, foi elixido pola afección branquiazul, cos seus votos na enquisa realizada en Twitter, como o gañador deste galardón promovido polo noso patrocinador Mahou, co que se valora ao futbolista máis destacado do club na primeira fase da liga.

A súa capacidade anotadora, así como o seu traballo incansable, fixéronlle merecedor de tal distinción. Así, a pesar da súa mocidade e de ser a súa primeira tempada no equipo, Darío destacouse como peza chave para o ataque compostelanista. De feito, ademais dos seus tantos, algúns deles decisivos, tamén repartiu unha asistencia. A todo iso sumou un esforzo defensivo continuo, presionando aos defensores rivais, tarefa na que lle insistiu moito Fabiano.

Deste xeito, na primeira volta disputou os 17 partidos, todos eles coma titular, para un total de 1.404 minutos. Entre as súas actuacións cabe destacar o hat trick anotado contra o Real Avilés Industrial, no Vero Boquete; ou o tanto decisivo marcado contra o Raio Cantabria.

Con todo iso converteuse nun dos xogadores máis queridos pola afección, que mesmo xa lle ten un cántico: “DariGol, DariGol, DariGoool”, soa cada xornada no Vero Boquete.

Froito do seu gran traballo, gañou a enquisa publicada en Twitter, superando amplamente en votos aos outros candidatos, dentro desta iniciativa promovida por Mahou, patrocinador, unha tempada máis, da SD Compostela.

Coa entrega deste premio, Mahou demostra o seu compromiso e o seu fiel apoio ao club, xerando encontros entre persoas en torno ao fútbol que nos axudan a vivir mellor. O Xogador Cinco Estrellas é un premio moi especial co que se quere recoñecer, por unha banda, aos xogadores máis destacados, e por outro, aos seus afeccionados, que son os encargados da elección.

 

ENTREGA NO MOMO.

Xunto a compañeiros de equipo e directiva da SD Compostela, Darío Germil recibiu o trofeo de mans de Txus Sáez , Marketing local e de clientes de Mahou San Miguel, nas instalacións do Pub Momo, tamén establecemento colaborador do club.

Ante os medios de comunicación presentes, o dianteiro quixo agradecer a Mahou a organización do trofeo e aos afeccionados “…”. Así mesmo, destacou …

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 CRÓNICAUn Compos de doce consegue a terceira vitoria consecutiva⚽ Os nosos dominaron os tempos do partido no Pepe Quimarán e levaron os tres puntos con goles de Dani González, Buba e Antón Guisande📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! A desfrutar tras este novo +3️⃣ 😍 #llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #llaneracomposValoración do técnico compostelanista trala terceira vitoria seguidaO adestrador do Compos puxo en valor o triunfo e a forma de conseguilo, e xa pon o foco no seguinte obxectivo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALUD Llanera 1️⃣-3️⃣ COMPOS⚽️ Dani González | Buba (p.) | Antón GuisandePARTIDAZO E OUTROS TRES PUNTOS PARA OS NOSOS 🩵🤍TERCEIRO TRIUNFO SEGUIDO PARA SEGUIR CO GRAN MOMENTO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POR ACOMPAÑARNOS 👥🙌📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOUD Llanera 0️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Dani González | Buba (p.)Gran primeira parte dos nosos, dominando o encontro, para marchar ao tempo de lecer en vantaxe#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.