Javi Jiménez: “Estou moi ilusionado e contento de unirme ao Compos”

28 de Febreiro de 2023
Javi Jiménez, durante su presentación, acompañado del doctor Pablo Baltar y el directivo Ramón Castro.
Javi Jiménez, durante su presentación, acompañado del doctor Pablo Baltar y el directivo Ramón Castro.
Javi Jiménez, durante su presentación, acompañado del doctor Pablo Baltar y el directivo Ramón Castro.
Javi Jiménez, durante su presentación, acompañado del doctor Pablo Baltar y el directivo Ramón Castro.
  • O novo porteiro da SD Compostela, Javi Jiménez, foi presentado en Clínica Baltar, o seu patrocinador oficial

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2023

Javi Jiménez foi presentado este mediodía como novo xogador da SD Compostela. O porteiro, que chegou ao Compos para suplir a baixa por lesión de Pato Guillén, viviu a súa posta de longo como futbolista branquiazul en Clínica Baltar, o seu patrocinador oficial.

Na Clínica Dental Oficial da SD Compostela, Javi Jiménez destacou a ilusión que lle xera este novo reto na súa carreira deportiva. O experimentado gardameta, cunha ampla bagaxe no fútbol nacional, sinalou que tentará axudar ao equipo no posible e canto antes.

Fichaxe polo Compos. En primeiro lugar, é unha ilusión. Un reto. Estou moi contento de unirme a este club, un histórico. Onte tiven a oportunidade de poder adestrar, de coñecer ao corpo técnico e aos compañeiros, e a verdade é que estou contento, moi sorprendido para ben, porque non me esperaba este recibimento. Estou moi ilusionado e moi contento de estar aquí.

Boas sensacións. Sorprendeume o grupo, a humanidade, o compañeirismo e a proximidade de todos. Tamén me sorprendeu a cidade, o Estadio e a proximidade co campo de adestramento, que iso se agradece para o xogador.

Contento de estar en Santiago. Oxalá estea moito tempo aquí. Iso significará que estamos a facer ben as cousas, que o club conta comigo e que se están conseguindo os obxectivos que se están marcando.

Charla con Fabiano. Onte, antes do adestramento, presentouse, estivemos a charlar tranquilamente, explicoume o funcionamento do equipo, o que el quere e pensa, polo que aos poucos iremos collendo os conceptos e o que el desexa.

Xogar cos pés. Cada vez demándase máis a participación do porteiro desde atrás, cos pés, e identifícome con ese xogo. Ireime acostumando ao equipo, vin a axudar, a achegar, a sumar e o que me transmita o adestrador, levareino a cabo.

Un equipo apetecible. O equipo vén facendo moi ben as cousas, porque ninguén lle regala nada. Se está aí é por méritos propios. Durante este tempo que estiven sen equipo, tiven ofertas e cousas que quizá non me chamaran a atención tanto como o Compostela. Desde o primeiro momento que me contactaron, puxémonos de acordo moi rápido e estou moi ilusionado de estar aquí.

A Segunda Federación. Como calquera categoría, hai moita igualdade. Todos os equipos están a xogarse cousas e cada partido será unha final. Creo que temos que pensar no partido a partido e tentar conseguir os máximos puntos posibles para conseguir esa praza que nos dea o ascenso directo.

Rodaxe. Onte sentinme moi cómodo, o grupo estamo facendo moi fácil, as ideas do adestrador son moi claras e eu creo que día a día iremos mellorando, integrándonos no grupo para estar, canto antes, dispoñible para o adestrador.

Dispoñible canto antes. Vou dar o máximo día a día, darei todo de min. O que quero é estar e axudar ao equipo canto antes.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

45 minutes ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Arosa SC 👉 Os nosos citados para esta tarde na Lomba#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 Arosa SC 🏟️ A Lomba🕔 17:00 horas🎟️ Tribuna - 20€ | Preferencia - 15€ | Menores de 16 anos - 5€📺 En Xogo 🙌 A polo derbi, xuntos! Queremos unha nova vitoria na Liga!📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.