Novo empate na casa do Compos noutro derbi

19 de Marzo de 2023
Mario lamentándose dunha ocasión perdida. Foto: Amadeo Rey.
Pablo Antas conduce o balón ante a oposición de Brenes.
Jordan co balón, na primeira metade.
  • Os nosos non puideron materializar as ocasións da primeira parte e non foron quen de pasar da igualada

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2023

Un novo empate para o Compos noutro derbi. Os nosos non aproveitaron as súas ocasións, especialmente no primeiro tempo, e tiveron que conformarse con outro punto na casa. De novo, faltou fortuna na área rival para levar algo máis da contenda no Vero Boquete.

Coa novidade de Javi Jiménez, que se estreaba na portería do Vero Boquete, e o regreso de Roque e Cano ao once titular, a SD Compostela afrontaba un novo derbi na casa. Un partido contra o Bergantiños que se presentaba como un test para recuperar as boas sensacións en liga, tras dúas semanas sen sumar de tres.

Mentalizados da necesidade de sumar o triunfo diante dos seus, os branquiazuis saíron con todo, buscando calquera mínimo descoido para plantarse ante Canedo. Así, no 3, tras un córner en contra, Jordan lanzou en carreira a Mario, só desde o centro do campo, pero escapóuselle o último control e sacouna Canedo.

E no 14, novo man a man para o atacante barcelonés, pero nesta ocasión, estrelouse co poste da portaría. Agulló varreuno tralo tiro, pero o colexiado non o considerou punible.

Apertaba o Compos, pero de novo atoparíase coa madeira da portaría. Esta vez Cano, rematando de cabeza un córner, estrelábase co traveseiro, cando o porteiro xa estaba batido.

Tras os achegamentos claros locais, os de Carballo tentáronse estirar e gozarían de dúas oportunidades, moi ben salvadas por un seguro Javi Jiménez. Un cabezazo de Dani Pedrosa e un tiro cruzado de Iago Beceiro que salvou ben o gardameta.

A pesar desas dúas ocasións, o Compos era o claro dominador do xogo e teríaa outra vez, nas botas de Pablo Antas, pero o seu disparo potente e axustado sacouno Canedo cunha salvada espectacular. E ao minuto, Martín cabeceou fóra un córner lanzado ao segundo pau.

Por iso, sen fortuna ante a portaría rival, a contenda foise ao intermedio co empate inicial. Á volta dos vestiarios, cos mesmos protagonistas, o Compos tentou ir a por máis, con velocidade en ataque.

Houbo cambios, pernas frescas, pero nas continuas xogadas de ataque, faltou ese chisco de acerto no último pase, ou para que os remates non se estrelasen nas pernas dos visitantes e saísen despexados.

Así, nos segundos 45 minutos, as xogadas continuas de ataques, duns e outros, acabáronse en nada, polo que xa non houbo forma de mover o marcador inicial. 0-0 final e un punto que sabe a pouco. Tocará seguir traballando para recuperar a senda da vitoria, a próxima semana, na visita á Ximnástica de Torrelavega.

FICHA TÉCNICA

0- SD COMPOSTELA: Javi Jiménez; Riki Mangana (Jaime Santos, m.61), Álvaro Casas, Pablo Crespo, Martín (Samu, m.81); Pablo Antas, Roque, Fer Beltrán, Jordan (Parapar, m.61); Cano (Kike, m.61) e Mario Rodríguez (Allyson, m.86).

0- BERGANTIÑOS CF: Santi Canedo; Brenes, Agulló, Brunet, Alberto; Meixús, Uzal; Boedo (Palomares, m.50), Remeseiro, Iago (Sito Seoane, m.89); Dani Pedrosa (Iván Garrido, m.76).

GOLES: Sen goles.

ÁRBITRO: Figueiredo Comesaña (Galicia). Amoestou a Pablo Antas e Martín, polo Compos; e a Iago e Brenes, polo Bergantiños.

INCIDENCIAS: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 26 do Grupo 1 da Segunda RFEF disputado ante 1.047 espectadores.

 

Youtube

Instagram Compos

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.