Juan Carlos Andrés: “Agardo un Compos que sexa quen de ler todas as situacións de partido e que aproveite as oportunidades que teñamos”

7 de Abril de 2023
  • O novo adestrador da SD Compostela analizou a visita contra o Real Avilés Industrial, un duelo no que debutará no banco branquiazul

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2023

Juan Carlos Andrés debutará este domingo como novo adestrador da SD Compostela no Román Suárez Puerta. O novo técnico branquiazul estrearase no banco compostelanista cun duelo de altura entre dous equipos de playoff. Dous puntos separan a Real Avilés e Compos na táboa, con vantaxe para os asturianos, polo que o resultado do encontro será fundamental para a recta final do campionato.

Para a cita, o vindeiro domingo ás 19.00 horas, o adestrador vigués agarda ver un Compos solidario, que sexa quen de ler os diferentes momentos do partido, clave para poder levar os tres puntos.

Valoración destes tres días. Cando un adestrador chega novo, todos queren agradar e a predisposición foi extraordinaria. Os mozos traballaron moi ben todos estes días e o obxectivo estas próximas 48 horas é recuperarnos e estar o máis frescos posibles de cara ao domingo. Fomos introducindo detalles e ideas, para que eles as vaian asimilando, pero sen querer cargarlles de demasiada información. Primeiro teñen que coller ideas das súas posicións e logo como se relacionan co resto dos seus compañeiros. Iso require un tempo, por tanto, non queremos saturarlles de demasiada información, porque sería contraproducente.

Estado do plantel. Dos que traballaron desde o primeiro día, máis ou menos, están todos. Allyson tentou adestrar hoxe, pero aínda lle doe. E o resto dos que traballaron entre semana, están en disposición. Están sancionados Fer e Roque. Ao final, coa xente que temos en disposición, son cos que temos que ir a matar.

O Real Avilés. É un equipo que vén nunha traxectoria ascendente. Perdeu na casa o último partido, porque cando estás aí arriba e xogas na casa tes que levar a iniciativa, polo que é máis sinxelo cometer erros e que os rivais te penalicen. En todo caso, ímonos enfrontar a un dos equipos máis en forma da categoría.

O Compos que agarda. Creo que imos vivir moitos partidos dentro dun só. Nun campo grande como o noso, o factor físico será bastante importante. Agardo un equipo que sexa solidario, que sexa quen de apertar cando atope o momento e de estar xuntos en campo propio, cando non podamos saltar. Agardo que sexamos quen de ler todas esas situacións para non desgastarnos e despois aproveitar a oportunidades que teñamos, porque coa calidade que ten este equipo vánsenos a dar circunstancias para facer gol en campo contrario, seguro.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

13 hours ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 Atlético Arteixo 🩵🤍 Os nosos para o encontro de volta da eliminatoria de play off na nosa casa✅ Convocados todos os xogadores do primeiro equipo e Lucas, da Canteira Picheleira #composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

15 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ O noso adestrador analizou a previa do partido de volta do play off, que se disputará mañá na nosa casa👉 Co apoio de todos dende a bancada, os nosos buscarán a remontada, para acadar o pase á seguinte rolda#composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽💙 Este domingo temos unha cita co fútbol galego.En TEN estamos orgullosos de apoiar ao SD Compostela e de formar parte dos proxectos que contribúen a fortalecer o deporte e a vida social da nosa contorna.📅 Domingo, 7 de xuño🕡 18:30 h📍 Estadio Verónica BoqueteMoita sorte!#SDCompostela #fútbolgalego ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.