Novo autobús gratuíto para abonados: apoia á SD Compostela contra o Valladolid B

17 de Abril de 2023
Cartel anunciando o autobús da SD Compostela para os seus afeccionados.
  • A inscrición para o autocar está aberta ata o xoves ás 19.00 horas no formulario https://bit.ly/BusValladolid
  • Esta nova iniciativa realízase grazas á colaboración do Mercado da Galiciana e a Discoteca Ruta

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2023

Súbete ao autobús do Compos e anima aos nosos nesta recta final da liga. A SD Compostela pon ao dispor dos seus abonados un novo autobús gratuíto para poder apoiar ao equipo en Valladolid. A inscrición para o autocar estará aberta ata o xoves, ás 19.00 horas, no seguinte formulario: https://bit.ly/BusValladolid.

Esta nova iniciativa, que se suma ás xa realizadas con anterioridade, lévase a cabo grazas á colaboración do Mercado da Galiciana e á Discoteca Ruta. Co seu apoio, lánzase un autobús de 55 prazas para apoiar ao Compos no duelo decisivo deste domingo, ás 12.00 horas nos Anexos ao Estadio José Zorrilla, contra o Real Valladolid Promesas.

 

Saída do autobús para os abonados da SD Compostela.

Do mesmo xeito que na última ocasión, será preciso cubrir o 80% das prazas ofertas para que o autocar saia adiante. Ao ser encontro matinal, a saída do bus está prevista para as 5.30 horas da madrugada, desde a Porta 1 do Estadio Verónica Boquete de San Lázaro. Pola súa banda o regreso está previsto para as 16.00 horas, co obxectivo de deixar tempo para a comida, chegando á capital galega sobre as 21.15 horas.

Cabe citar que, para reservar a praza no autobús, tan só fai falta cubrir os datos que se requiren no formulario, xa que automaticamente se asigna un asento para o mesmo.

Así mesmo, sinalar tamén que o desprazamento non inclúe a entrada ao partido. Esta deberá comprarse no despacho de billetes do campo de fútbol, cun prezo de 10€.

Deste xeito, o club busca que os nosos estean arroupados nun novo encontro de playoff, no que se medirá o cuarto e quinto clasificado, ambos separados por un só punto. Quedan catro partidos e o Compos quere achegarse á clasificación para o playoff. Súbete ao Bus do Compos!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! A desfrutar tras este novo +3️⃣ 😍 #llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

6 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #llaneracomposValoración do técnico compostelanista trala terceira vitoria seguidaO adestrador do Compos puxo en valor o triunfo e a forma de conseguilo, e xa pon o foco no seguinte obxectivo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALUD Llanera 1️⃣-3️⃣ COMPOS⚽️ Dani González | Buba (p.) | Antón GuisandePARTIDAZO E OUTROS TRES PUNTOS PARA OS NOSOS 🩵🤍TERCEIRO TRIUNFO SEGUIDO PARA SEGUIR CO GRAN MOMENTO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POR ACOMPAÑARNOS 👥🙌📸 Ignacio Castaño Gómez#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOUD Llanera 0️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Dani González | Buba (p.)Gran primeira parte dos nosos, dominando o encontro, para marchar ao tempo de lecer en vantaxe#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOU UD Llanera 🆚️ COMPOS💪🩵🤍#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.