Juan Carlos Andrés: “Debemos pensar unicamente no noso partido e en que o gañemos”

28 de Abril de 2023
  • Juan Carlos Andrés analizou a previa do duelo contra o Laredo na Clínica AKT

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2023

Nas instalacións da Clínica AKT, onde estivo acompañado por Mónica Pereiro, fundadora e CEO do establecemento patrocinador da SD Compostela, Juan Carlos Andrés analizou a previa do importante duelo que disputarán os nosos este domingo, ás 12.00 horas, contra o Laredo.

O técnico compostelanista destacou que o Compos ten que poñer o foco única e exclusivamente no duelo que disputará no Vero Boquete na mañá dominical. En sacar os tres puntos para seguir dependendo de si mesmos.

Declaracións de Juan Carlos Andrés sobre o encontro que disputará o Compos.

 

Estado do plantel. Hoxe fomos quen de completar a sesión con todos. Tanto con Allyson e Crespo, como Fer e Cano, que tiveron algunha molestia ao longo da semana. Completamos a sesión todos. Nestes momentos, excepto Pato, que está a completar o seu proceso de recuperación, e a espera do adestramento de mañá, a sensación é que imos poder contar con todo o mundo. Allyson hoxe completou todo o adestramento con normalidade e iso é unha boa noticia.

O Laredo. É un equipo que vén cunha necesidade grande, pero é un rival moi complicado. É un rival moi intenso, todos os seus partidos terminaron con marcadores bastante axustados. Non é un equipo que nin se desfaga ofensivamente nin defensivamente. É un equipo moi aguerrido, moi intenso e moi insistente, que nos obrigará a estar moi concentrados e a facer moitas cousas ben para gañar. Será un rival moi complicado, coa transcendencia que terá o resultado.

Un rival moi intenso. As cousas que vimos é que están a saltar a apertar bastante, están a ser moi intensos, sobre todo tentando roubar en campo contrario. Fixeron mesmo algunha variación de sistema nas últimas semanas, e deulles resultado en Cantabria. Eu creo que imos ter un equipo que se vai a mostrar moi intenso e moi decidido a ir a polo partido. Ao final, 90 minutos son moi longos e dentro dun partido hai moitos, haberá momentos nos que nos presionarán no noso campo e outros nos que se verán superados e veranse obrigados a repregarse.

Procura do equilibrio. No fútbol, o máis complicado é atopar o equilibrio. Ser quen de ser moi fortes defensivamente e que non che xeren ocasións; e que sexas quen de presionar en campo contrario e recuperar pronto; e se non o fas, ser quen de xuntarte, para cando estas armado, recuperar e atacar rápido, se podes, ou empezar a elaborar e crear. Esas cousas, aínda que moitas veces parecen moi sinxelas, poñer a once xogadores no campo que todos pensen o mesmo e que se interrelacionen entre eles, é moi complicado. Só podo falar do período no que levo aquí e creo que, aos poucos, imos axustando cousiñas e ímonos atopando máis cómodos con certas situacións, asociacións concretas que nos están dando cousas. É ir sumando o número de acertos e restando o número de erros, para que o resultado estea máis preto do noso lado que do rival.

As necesidades. Eles teñen unha necesidade e iso pode ser unha arma para que teñan máis ansia de gañar e estean máis concretados, e o que se xogan os leve a ser un gran equipo; ou que che xere dificultades, porque é unha presión moi grande e che poida. Nós temos que pensar en nós, saber que temos que levar un manexo importante do partido, que imos atoparnos un rival moi intenso, que nos vai a impedir crear todo o xogo que queremos e que poñerán toda a súa intensidade en evitalo. Temos que pensar que non podemos ter perdas, sobre todo cando saltan a campo contrario, na nosa saída, porque nesas contras eles son moi perigosos, e estar moi finos en todo o que facemos en ataque. Se van estar máis ou menos nerviosos, todo iso pesará máis nun lado ou outro. Creo que debemos cinguirnos no fútbol, no que se vai a dar e a medida que nos imos atopando cousas, resolvelas.

Só pensar en Laredo. Non perderei un minuto en pensar nos rivais que xogan o domingo pola tarde, porque ese minuto que lle estaría dedicando en pensar en todos os nosos rivais, estaríao a quitar ou ao meu equipo ou ao meu rival directo. Non perderei nin un só minuto no que poida pasar pola tarde. A miña concentración, o meu traballo e o meu foco está posto no noso partido, única e exclusivamente, porque non me vai dar nada o que pase pola tarde. O que pase pola tarde xa o valorarei despois do noso partido. Agora, nestes momentos, a pensar única e exclusivamente no noso partido, en que o gañemos. Se nós o gañamos, que o resto fagan o que queiran. O importante, e no que temos que ter o noso foco posto, é no noso partido, non podemos desviarnos nin un só minuto. Debemos centrarnos no noso partido e gañalo. Logo, que veña o que teña que vir.

Diferentes circunstancias. O fútbol hai que entendelo como que os rivais se posicionan dunha maneira, ti doutra, xerando unhas situacións de vantaxe e outras de desvantaxe. Cando a situación máis vantaxosa está a 40 metros, hai que aproveitalo. Non creo que sexa tanto un fútbol directo ou combinado, senón que en función do partido tes que tentar sacar o máximo rendemento do traballo táctico que fixeses durante a semana e do posicionamento do rival.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐝𝐏🎙️ 𝐒𝐞𝐜𝐡𝐨🗣️ Declaracións de Secho tralo terceiro triunfo consecutivo dos nosos, novamente na nosa casa#composgimnástica ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

16 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAALLCOMPOS 3️⃣-1️⃣ @rsgimnastica_oficial⚽️ @manubarreiro10 | Pablo Antas | @manuurivaas_💪 TERCEIRO TRIUNFO VITAL CONSEGUIDO SEGUIMOS, COMPOS 🩵🤍#composgimnástica ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 1️⃣-1️⃣ RS Gimnástica ⚽️ Manu Barreiro SEGUIMOS 🩵🤍#composgimnástica ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
𝐎𝐒 𝐍𝐎𝐒𝐎𝐒 🩵🤍🆚️ RS Gimnástica 📸 Nacho Castaño #composgimnástica ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.