Todos xuntos, daremos o primeiro paso no playoff: este domingo apoia ao Compos contra o Tarazona

15 de Maio de 2023
Prezos para a primeira eliminatoria do playoff para o Compos
  • As entradas para o partidazo, o domingo ás 12.00, custarán 8€ aos abonados e 15€ ao non abonados

  • Os menores de idade abonados entrarán gratis e os que non o son pagarán 1€
  • Pódense comprar na web (https://sdcompostela.acyti.com/), na Tenda, na Oficina ou no Despacho de billetes

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2023

A SD Compostela xa coñece a súa primeira etapa do camiño cara ao ascenso. O seu rival na primeira eliminatoria do playoff será a SD Tarazona, terceiro clasificado do Grupo 2 da Segunda RFEF. Co obxectivo marcado, os nosos iniciarán esta ruta na casa. Este domingo, ás 12.00 horas, disputarase o primeiro partido da Fase de Ascenso no Vero Boquete de San Lázaro, un partidazo no que necesitamos o apoio de todos.

Para poder lograr o salto de categoría á Primeira RFEF precisamos toda a forza do compostelanismo, especialmente no Vero Boquete. O noso feudo ten que ser un fortín e por iso queremos que San Lázaro luza, este domingo de Ascensión, coas súas mellores galas.

E para conseguir ese ambientazo necesario para inclinar a balanza ao noso favor, os prezos das entradas para o partidazo de playoff contra o Tarazona serán os seguintes:

ABONADOS

8€ – ADULTOS

GRATIS – MENORES DE IDADE

NON ABONADOS

15€ – ADULTOS

1€ – MENORES DE IDADE

 

O prezo será igual para ambas bancadas, tanto para Tribuna como para Preferencia. E estas entradas poderanse comprar, a partir de mañá martes, por catro vías:

  • Na web: https://sdcompostela.acyti.com/
  • Na Tenda Oficial: todos os días desde as 10.30 ata as 20.30 horas
  • Na Oficina do Club: o martes e o venres de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 20.00
  • No Despacho de billetes: o domingo, desde as 10.45 horas

Ademais, durante o festival Composfest, tamén se poderán comprar na propia Praza da Quintana. Desde as 16.00 horas teremos montado unha caseta na que ademais de poder mercar o merchan do club, tamén estará habilitada a venda de entradas para o playoff.

 

Bonos Activa Comercio na Tenda Oficial da SD Compostela.

 

Un ano máis, a Tenda Oficial da SD Compostela, na Rúa da Raíña, está adherida á Campaña Bonos Activa Comercio da Xunta de Galicia. Grazas a iso, se se compran as entradas no establecemento, poderase gozar dun desconto extra.

Deste xeito, se a compra supera os 20€ e non chega aos 30, descóntanse 5€. Se supera os 30€ e non alcanza os 50€, descóntanse 10€. E para compras superiores a 50€, descóntanse 15€.

Así mesmo, estes descontos da campaña tamén se poden empregar para a compra de calquera artigo da nosa Tenda física.

 

Información importante para os abonados do Compos.

 

Para acceder ao partidazo contra o Tarazona, os abonados da SD Compostela deberán presentar, na porta de acceso ao Vero Boquete, tanto a entrada como o seu abono.

Pola súa banda, os menores de idade abonados pasarán como habitualmente, ensinando o seu abono no control da porta de acceso.

 

Formato do playoff de ascenso.

 

Esta primeira eliminatoria para a SD Compostela, na que se medirá á SD Tarazona, decidirase a dobre partido. A ida disputarase este domingo ás 12.00 horas no Vero Boquete e a volta será, a semana próxima, no Municipal de Tarazona.

Nos partidos non haberá valor dobre dos goles fóra da casa, polo que pasará á final polo ascenso o equipo que resulte gañador trala disputa dos 180 minutos da eliminatoria. No hipotético caso dun empate, durante a disputa da prórroga, o Compos estará obrigado a gañar, dado que, se no tempo extra se mantivese o resultado, pasarían os aragoneses.

 

O soño do ascenso, un paso máis preto.

 

Tras lograr o primeiro obxectivo, a clasificación para o playoff, o soño do ascenso a Primeira RFEF para a SD Compostela está un pasiño máis preto.

Con ese obxectivo, pedimos o apoio de todos para facelo posible. Este domingo, todos ao Vero Boquete. Xuntos, podemos lograr unha vitoria transcendental.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Confirmado o horario para a xornada intersemanal da próxima semana⚽️ 𝐗𝟐𝟔🆚 UD Barbadás 🗓️ Xoves, 19 de marzo🕠 17:30 horas🏟️ Os CarrísXogaremos o xoves en Barbadás! 🙌#barbadáscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Alondras C.F. ⚽️ Previa do noso técnico antes do regreso dos nosos ao Vero Boquete, este sábado ás 18:00 horas, co obxectivo de regresar á senda da vitoria#composalondras ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
👨‍⚕️ PARTE MÉDICO Centro Médico Compostela - Grupo SCQ Salud⚽️ 𝐉𝐨𝐚𝐪𝐮𝐢𝐧 𝐆𝐨𝐫𝐢𝐬 As probas realizadas ao noso canteirán confirmaron un desgarro parcial do ligamento lateral interno do xeonllo dereito👉 O mediocentro xa iniciou tratamento e traballo de recuperación, baixo a supervisión dos servizos médicos e de readaptación do clubMoito ánimo, Goris! Volverás máis forte! 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Esta semana agardámosvos o sábado na nosa casa🤝 Partido patrocinado polo ximnasio 𝐂𝐥𝐢𝐦𝐞𝐧𝐭 𝐂𝐥𝐮𝐛 𝐒𝐂𝐐, "la Fábrica de Campeones" ⚽️ 𝐗𝟐𝟓🆚 Alondras C.F. 🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas online! 👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#ComposAlondras ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.