Gran xornada de fútbol e diversión no I Torneo F8 CC As Cancelas

19 de Xuño de 2023
Momentos antes da gran final do I Torneo F8 CC As Cancelas
CD Conxo, subcampión benxamín
SD Compostela Benxamín, campión Benxamín
SD Esteirana, medallista da Fase Bronce
EF Luis Calvo, campión dunha Fase Prata
Os pequenos do ED Xuventude Oroso celebran un gol
Un dos equipos participantes do CD Conxo Santiago
A bancada estivo chea neste I Torneo F8 CC As Cancelas
I Torneo F8 CC As Cancelas
Os pequenos pasárono en grande
Unha das novidades: o 2x2 no parking das Cancelas
Todos os participantes recibiron un agasallo de benvida
2x2 en As Cancelas
Foto de familia no Torneo F8 CC As Cancelas cos equipos da SD Compostela
  • A primeira edición do Torneo F8 CC As Cancelas foi un éxito, con bancadas cheas e preto de 300 nenos e nenas participando

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2023

A primeira edición do Torneo F8 CC As Cancelas deixounos unha gran xornada de fútbol e diversión. Preto de 300 nenos e nenas puideron participar nesta competición organizada pola Canteira Picheleira, para categoría Benxamín e Prebenxamín, con moitas novidades, para o desfrute dos protagonistas do día: os pequenos futbolistas.

Durante toda a xornada, viviuse un auténtico ambientazo. As bancadas do campo municipal estiveron cheas desde primeira hora, pero tamén se desprazaron moitos afeccionados ata o aparcadoiro do Centro Comercial, onde se disputou o novo formato do 2×2.

Sen dúbida, foi un evento deportivo único para os participantes, unha cita que non sería posible sen o apoio de As Cancelas. O patrocinador do Torneo colaborou intensamente coa organización, cedendo parte da súa zona exterior para a citada actividade do 2×2, pero tamén acolléndonos na Casa de Celi durante a recollida dos trofeos.

 

Unha gran xornada para todos

No aspecto deportivo, como principal novidade, houbo tres gañadores diferentes por categoría, en función dos resultados da fase de grupos. Así, tanto en categoría Benxamín como en Prebenxamín, houbo un campión da Fase Ouro, outro da Fase Prata e un terceiro da Fase Bronce.

Na categoría Benxamín, o gañador da Fase Ouro foi a SD Compostela, tras superar nunha gran final ao CD Conxo Santiago B. Pola súa banda, a EF Luís Calvo foi o gañador da Fase Prata e a SD Esteirana, da Fase Bronce.

E en categoría Prebenxamín, o gañador da Fase Ouro foi o CD Conxo Santiago, superando na final á SD Compostela. O CD Conxo Santiago B proclamouse vencedor da Fase Prata e o ED Xuventude Oroso da Fase Bronce.

Todos eles recolleron os seus recoñecementos na planta superior do Centro Comercial As Cancelas, onde puideron pechar, nun ambiente lúdico e festivo, unha gran xornada de fútbol e diversión.

 

GALERÍA DE IMAXES

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.