Pep Caballé, un reforzo de nivel para o ataque da SD Compostela

24 de Xuño de 2023
Pep Caballé, novo xogador da SD Compostela
  • Pep Caballé chega tras conseguir o ascenso a Segunda División co Racing e firma por unha tempada

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2023

Josep Caballé Martín (Ripoll, 07/06/1990), máis coñecido como Pep Caballé, é novo xogador da SD Compostela para a Tempada 2023/24. A extremo ficha polo Compos tras conseguir o ascenso a Segunda División co Racing de Ferrol. O experimentado futbolista catalán firma ata final de tempada.

Pep Caballé é un xogador que destaca pola súa capacidade de desequilibrio desde a banda, un desborde que lle permite chegar con facilidade a liña de fondo e nutrir de pases de gol aos seus compañeiros. Ademais, tamén sobresae pola súa polivalencia para adaptarse a outras posicións, tanto a fronte do ataque como mesmo de lateral, así como polo seu compromiso, como quedou ben presente esta campaña no equipo departamental.

A todo iso, aos seus 33 anos, suma tamén unha dilatada traxectoria na Segunda B e Primeira Federación, con 9 tempadas consecutivas na categoría e 192 partidos disputados.

O novo futbolista da SD Compostela comezou a destacar nas filas da UE Cornellá, entidade na que estaría un total de dez tempadas, sendo capitán e alcanzando grandes éxitos co club.

Pecharía o seu periplo con 338 partidos oficiais disputados, un ascenso a Segunda B e dúas promocións de playoff a Segunda División. Na división de bronce do fútbol nacional disputaría un total de 145 encontros en cinco campañas, as dúas últimas pelexando por ascender ao fútbol profesional.

Ese gran rendemento abriulle as portas do ambicioso proxecto da UD Eivissa. Nas Illas Baleares disputaría un total de 22 encontros, na tempada parada polo covid. Ademais, dada a segunda posición que ocupaban no momento de deterse a competición, tería unha nova reválida con outro playoff a Segunda División, aínda que o equipo ibicenco caeu en cuartos de final.

Tras ese ano nas illas, voaría para Galicia, enrolándose nas filas do Racing Club de Ferrol. No equipo galego, no seu primeiro curso, o das restricións pola pandemia, xogaría un total de 20 partidos, catorce deles de titular, dos vinte e catro dos que constaba a liga. Sendo peza fundamental para lograr o pase á Primeira RFEF.

Con todo, ese verán, Pep Caballé sufriría unha dura lesión que o apartou dos terreos de xogo durante ano e medio, impedíndolle debutar na nova categoría ata decembro de 2022. Nese longo período, o xogador catalán demostrou un gran compromiso para facerse un oco no Racing, un traballo que foi moi encomiado polo corpo técnico e polos seus compañeiros.

E ese esforzo atoparía a súa recompensa, xa que acabaría logrando o ascenso a Segunda División que se lle escapara en anteriores ocasións. Pechou a campaña con oito encontros disputados, nos que ademais anotou dous goles.

Con esa gran bagaxe e todo o seu bo facer, Pep Caballé aterra no Compos co obxectivo de lograr un novo salto de categoría.

Coa súa fichaxe, a SD Compostela dispón xa de trece xogadores con contrato en vigor para a Tempada 23/24: Pato, Borja Rey, Álvaro Casas, Pablo Crespo, Damián, Martín, Antón de Vicente, Pablo Antas, Fer Beltrán, Jordan Domínguez, Pep Caballé, Elliot e Parapar.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 hour ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso segundo adestrador!Moitos parabéns, Donnici!!A celebralo esta tarde cunha vitoria no derbi da Lomba 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Arosa SC 👉 Os nosos citados para esta tarde na Lomba#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 Arosa SC 🏟️ A Lomba🕔 17:00 horas🎟️ Tribuna - 20€ | Preferencia - 15€ | Menores de 16 anos - 5€📺 En Xogo 🙌 A polo derbi, xuntos! Queremos unha nova vitoria na Liga!📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.