Jaime Santos seguirá demostrando a súa calidade na SD Compostela

6 de Xullo de 2023
  • Jaime Santos renova por unha tempada

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2023

Jaime Santos seguirá na SD Compostela na Tempada 23.24. O mediocentro asturiano, tras chegar ao Compos no pasado mercado invernal, amplía o seu contrato co club ata 2024. Seguirá así demostrando a calidade que atesoura, como mostrou na recta final da pasada campaña.

A pesar de ser un dos últimos en chegar á disciplina da SD Compostela, Jaime Santos, en apenas catro meses de competición, puxo sobre o verde as credenciais que abalaban a súa fichaxe. Un xogador polivalente, quen de adaptarse a diferentes posicións no mediocentro e que mesmo chegou a xogar de dianteiro, con capacidade para a creación de xogo, para dar o último pase e con gol.

Así, desde que chegou a Santiago, só se perdeu un encontro, finalizando o ano con 639 minutos de xogo en 15 partidos, sete deles partindo de inicio. Ademais, marcou 5 goles, o primeiro no seu debut e despois en catro encontros consecutivos na recta final da liga.

Desta forma, ademais de achegar ao equipo coa súa calidade e saber facer, tamén lle dará experiencia, xa que conta cun pasado importante na Segunda B e tamén en competicións internacionais, xogando nas ligas de India e Bolivia.

Coa súa renovación, a SD Compostela conta xa con 17 xogadores con contrato en vigor para a próxima campaña: Pato, Borja Rey, David Soto, Álvaro Casas, Kike, Pablo Crespo, Damián, Martín, Antón de Vicente, Pablo Antas, Fer Beltrán, Jordan Domínguez, Jaime Santos, Pep Caballé, Elliot, Parapar e Manu Barreiro.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🎯 #composbergan🏟️ Este sábado regresamos á nosa casa e queremos darvos unha gran alegríaA polo triunfo en San Lázaro! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
Hoxe e sempre: 𝗡𝗢𝗡! Nin unha menos. Non á violencia de xenero 💜#25N ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🆕️🩵🤍 Vilela debutou este pasado domingo co Compos⚽️ O central, tras superar a lesión que o apartou desde a pretempada, tivo os seus primeiros minutos coa camiseta branquiazulA por moito máis, Vilela! 🔥💪#minigloriascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este sábado, a pola vitoria no derbi co voso apoio 💪🩵🤍🤝 Partido patrocinado por O Pan de Leis🆚 Bergantiños FC - Escuelas Luis Calvo🗓️ Sábado, 28/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composbergan ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Semana de derbi! 💪Os nosos inician mañá os adestramentos para preparar o encontro deste sábado, na nosa casa, contra o Bergantiños#composbergan ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.