A SD Compostela arrincará a pretempada o próximo 18 de xullo

10 de Xullo de 2023
Pretemporada SD Compostela
Pretempada SD Compostela
  • Haberá sete semanas de pretempada, con nove amigables previstos

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2023

A SD Compostela iniciará a pretempada o vindeiro martes 18 de xullo. Os branquiazuis están citados ás 9.30 horas para arrincar a preparación estival da Tempada 23.24. Serán sete semanas para perfilar a nova campaña na Segunda RFEF, que comezará a fin de semana do 2-3 de setembro.

Manel Menéndez estrearase como adestrador da SD Compostela o martes 18, ás 10.30 horas, no Anexo San Lázaro II, no que será o seu primeiro adestramento como novo técnico branquiazul. O Compos iniciará así sete semanas de intenso traballo, nas que ademais se disputarán nove partidos amigables.

Para arrincar, na primeira semana, haberá cinco sesións, todas elas matinais e en San Lázaro II, descansando o domingo. Pola súa banda, na segunda, haberá catro sesións e dous encontros, un o mércores 26 e outro o sábado 29, que se anunciarán en próximas datas. Os adestramentos tamén serán pola mañá (o mércores haberá adestramento e partido), descansando o martes 25, día do Apóstolo, e o domingo.

Ademais dos xogadores que teñen contrato co primeiro equipo, acompañarán aos nosos neste inicio da preparación estival un total de sete canteiráns, dous do Xuvenil A da SD Compostela e cinco do Sigüeiro, filial branquiazul.

Están citados para a pretempada Dani Varela, xuvenil de 2º ano que xoga de lateral esquerdo; Jorge Sálamo, xuvenil de primeiro ano que actúa como central ou lateral zurdo; Brais Rodríguez, porteiro sénior de segundo ano; Rubén Casas, sénior de primeiro ano que xoga como central ou lateral dereito; Xoel, sénior de segundo que actúa como pivote ou mediocentro; Gonzalo Landeira, sénior de primeiro ano que xoga como mediocentro ofensivo; e Hugo Matos, sénior de primeiro ano que actúa como extremo ou dianteiro e que xa debutou o pasado ano co Compos.

 

Amigables de pretempada para a SD Compostela

A SD Compostela ten previstos un total de nove partidos amigables, tres deles a disputar no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro. Polo momento, tres xa son oficiais, mentres que os restantes iranse anunciando en próximas datas.

O sábado 5 de agosto os nosos mediranse ao CD Lugo, de Primeira RFEF, no Torneo de Foz; o xoves 10 de agosto enfrontaranse ao Deportivo da Coruña na Pobra do Caramiñal, un derbi que servirá para festexar o 50 aniversario do equipo local e que está programado para as 19.30 horas no Campo da Alta; e o sábado 12 xogarán contra o Pontevedra, rival dos nosos na Segunda RFEF, no Torneo de Negreira.

Dentro da preparación, un dos partidos que se disputará será a sétima edición do Memorial Antonio Bermúdez.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos regresou á senda do triunfo na casa cun triunfo solvente contra o Alondras👉 sdcompostela.com/gl/2026/03/14/compos-vitoria-3-0-vs-alondras/📸 Nacho Castaño #composalondras ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Vecho⚽️ O segundo adestrador, esta tarde no banco pola sanción a Secho, valorou moi positivamente o labor do equipo na vitoria na casa por 3⃣-0⃣ #composalondras ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 3️⃣-0️⃣ Alondras C.F. ⚽️⚽️ Maceira | ⚽️ Parapar (p.)🩵🤍🩵🤍🩵🤍🩵🤍💪 E CHEGOU A BUSCADA VITORIA NA CASA! OS NOSOS REGRESAN Á SENDA DO TRIUNFO!📸 Nacho Castaño #composalondras ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏱️ COMEZOU a 2ª metadeAta o final! 💪⚽️📸 Nacho Castaño #composalondras ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.