Juampa volve á súa casa: firma pola SD Compostela ata 2025

15 de Xullo de 2023
Juampa Barros, novo xogador da SD Compostela
  • Juampa regresa ao Compos tras dúas grandes tempadas no Numancia e Unionistas

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2023

Juan Pablo Barros Campos (Buenos Aires, 25.03.1994), máis coñecido como Juampa, regresa á SD Compostela. O extremo, criado en Santiago desde moi pequeniño, regresa ao club da súa vida co obxectivo de lograr o ascenso. Firma por dúas tempadas, ata 2025.

A extraordinaria zurda de Juampa regresará ao Vero Boquete, onde marabillou fai tres campañas, na Segunda B. Co ‘22’ ás costas e pegado á esquerda, foi un dos fixos durante toda a tempada, dando un gran nivel nun equipo que competiu contra grandes rivais. Terminou o curso, nunha liga reducida pola pandemia, con 21 partidos disputados, un deles na Copa do Rei, nos que anotou dous goles e repartiu varias asistencias.

Tralo seu gran rendemento en Santiago, deixaría a capital para enrolarse no proxecto do Numancia, co que lograría o ascenso á Primeira RFEF. En terras sorianas disputaría 30 encontros e anotaría tres tantos, algún deles decisivo.

E de Soria, moveríase a Salamanca, o pasado verán, fichando polo Unionistas, tamén de Primeira Federación. Co cadro charro demostraría tamén a enorme calidade que atesoura, disputando 36 encontros. Neles asinaría 4 goles, algúns deles de belísima factura, e tres asistencias, sendo unha peza destacada dun equipo que loitou por clasificarse para o playoff de ascenso a Segunda ata a última xornada.

Agora, tras eses dous grandes anos, Juampa regresa a Compostela para seguir crecendo futbolisticamente e coa ilusión de poder ascender co seu Compos.

Con este reto, sumará ao equipo desborde, calidade, polivalencia, un extraordinario golpeo a balón parado e experiencia. Estas calidades, así como o seu gran rendemento, foron valoradas pola dirección deportiva para afrontar a súa fichaxe.

Neste sentido, Juampa pode actuar tanto no extremo esquerdo como nas demais posicións de tres cuartos de campo, así como de lateral. Ademais, na súa traxectoria, acumula xa 184 encontros na Segunda B, así como 36 en Primeira RFEF, pasando, tras saír da canteira do Deportivo, polo Ordes, Racing de Ferrol, Atlético Astorga, CD Boiro, Coruxo e Ebro, así como nos tres últimos equipos citados.

Coa súa incorporación, a SD Compostela 23.24 conta xa con 19 xogadores, que iniciarán a pretempada o vindeiro martes 18: Pato, Borja Rey, Riki Mangana, David Soto, Álvaro Casas, Kike, Pablo Crespo, Damián, Martín, Antón de Vicente, Pablo Antas, Fer Beltrán, Jordan Domínguez, Jaime Santos, Pep Caballé, Elliot, Parapar, Juampa e Manu Barreiro.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 hour ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🖤 O primeiro equipo, no regreso ao traballo esta mañá, gardou un respectuoso minuto de silencio por Jesús de Miguel Descansa en paz ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.