Manel Menéndez: “Chegamos equilibrados ao partido e agardamos comezar ben”

1 de Setembro de 2023
Manel Menéndez, adestrador da SD Compostela
  • Manel Menéndez destaca a importancia de sumar no primeiro encontro, un duelo duro contra o Marino

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2023

A SD Compostela inicia este domingo, no Estadio de Miramar, a súa andaina no Grupo 1 da Segunda RFEF. Co obxectivo de lograr o ascenso, comeza os nosos arrincan a liga contra o Marino, nun duelo no que o Manel Menéndez, no seu debut en partido oficial como técnico branquiazul, medirase ao seu exequipo.

Estado do plantel. Falta o último adestramento. Onte demos descanso para que chegasen ben a hoxe. Si é verdade que temos xente con algún problema físico e mañá decidiremos quen está dispoñible.

Gañas de empezar. Todos temos moitas gañas de empezar. Levamos moito tempo parados sen competir. Creo que a xente chega bastante ben ao partido e esperamos empezar a sumar. Sería importante, nun campo difícil, onde poucos o farán, seguramente. A ver se comezamos ben.

Bloque do rival. Outros anos renovábanse máis xogadores, había un bloque máis amplo, e este ano é menor con respecto a outros anos, pero quedou xente moi importante como Lora, Nacho, Guaya ou Pinín. Eles son os que tirarán deste Marino este ano. Logo entrou xente que noutras etapas estiveron alí, como Miguel Cuesta ou Jandrín, coñecen perfectamente o que é o club, o que significa estar no Marino. E logo meteron xente nova, dinámica, con proxección e rápida. Lograron unha combinación de mocidade e experiencia e será complicadísimo seguro.

Estilo do Marino. Sergio é un adestrador que estivo nas categorías inferiores do Sporting, tanto no División de Honra como no Filial. Gústalle xogar, xogar ben, asociativo e con moitos automatismos. Os seus equipos adoitan xogar bastante ben e a iso únese a ese ADN do Marino, que sempre ten o club de competir e pelexar ata o final. Por iso digo que será un partido difícil e complicado.

Estrea nun momento adecuado. Chegamos nun bo momento, sobre todo para a cabeza dos xogadores. Os dous últimos partidos sumamos e, queiras ou non, veu moi ben para a confianza nos resultados, non en canto ao traballo, porque xa viñamos facéndoo moi ben. Igual necesitabamos xerar máis ocasións de gol ou ter máis presenza ofensiva, pero creo que chegamos equilibrados a este partido e esperamos comezar ben. Todo o mundo o busca, polo que será un partido difícil.

Potencial ofensivo. Non me preocupa para nada. Preocuparíame se non se xerasen ocasións. Si é verdade que, no último terzo, máis por toma de decisión que por outra cousa, melloramos. Quédanos ser egoístas ás veces, finalizar xogadas cando estamos dentro da área e non buscar facelo bonito, senón ser efectivo e meter o gol. Esperemos estar máis acertados de cara ao gol, porque en fase defensiva o equipo traballou moi ben durante toda a pretempada, collendo moita máis confianza. Agora só necesitamos esa confianza ofensiva.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 days ago

SD Compostela
Feliz Día das #LetrasGalegas2025Unha lingua, unha cultura e unha identidade propias que nos identifican 🩵🤍Este ano está dedicado ás cantareiras, e por iso queremos compartir a serie documental 'Se canto é porque quero' da Real Academia Galega 🎥 academia.gal/comunicacion/videos/agrupacion-1730767 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
BONOS CORAZÓN COMPOSTELA 2025 🩵🤍👉 Mañá, ás 9.30 horas, ábrese o prazo para adquirir os Bonos Corazón🙌 Poderás utilizalos na nosa TENDA OFICIALCada persoa pode descargar ata 3 bonos de 50€ (IVE incluído), cofinanciados nun 40% polo Pazo de Raxoi Dispoñibles ata o 16 de xuño ou ata esgotar o saldo➕ℹ️ en bonoscorazoncompostela.gal#tendaoficialcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 weeks ago

SD Compostela
Sempre nas boas. Sempre nas malas. Sempre Compos 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/05/05/sempre-nas-boas-sempre-nas-malas-sempre-compostela/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 weeks ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐝𝐏🎙️ 𝐒𝐞𝐜𝐡𝐨#ComposValladolidPromesas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.