Manel Menéndez: “O equipo mellorou en confianza”

14 de Setembro de 20230
  • A SD Compostela buscará sumar a segunda vitoria consecutiva na liga na súa visita ao Covadonga

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2023

A SD Compostela buscará este sábado, ás 18.00 no Álvarez Rabanal, conseguir a segunda vitoria consecutiva. Tras estrearse na casa, os nosos queren repetir as boas sensacións do Vero Boquete en terras asturianas. Para iso, o Compos terá un duro reto, nun campo de herba artificial e contra un rival que, a pesar de non sumar aínda, plantou cara nos seus duelos previos.

Manel Menéndez, en rolda de prensa, avisou do perigo do rival por todas as circunstancias que rodean ao encontro, aínda que tamén destacou a confianza que ten agora o equipo.

Estado do plantel. A semana foi máis ou menos ben. Ao xogar o sábado é un día menos de poder adestrar. O luns chegaron un pouco cansos, xente con algún problema pola esixencia do domingo. Nada diferente ao doutras semanas. Agardando a mañá para facer a convocatoria. Pode haber algunha dúbida con algún xogador, pero esperemos recuperalo para mañá.

Situación de Jaime Santos. Jaime ten un golpe do outro día. Aos vinte minutos déronlle un golpe, chocaron con el e pegou no chan. Tiña un hematoma moi grande na cadeira e nos adutores, incluso un sangrado que non era moi normal, pero foi ao médico e quitáronlle a dúbida da cabeza. Fáltalle o meterse a competir, a chocar e que perda ese medo. Non ten nada roto, foi máis un susto que outra cousa.

Álvarez Rabanal. Respecto ao terreo de xogo, é diferente ao que tivemos ata agora, mesmo na pretempada que non xogamos nin adestramos en herba sintética. Aí poden ter unha vantaxe eles.

O Cova. Será un equipo difícil que, aínda que perdesen estes dous partidos, estou convencido de que van sacar a cabeza. Esperemos que sexa despois do sábado. É outro rival que acaba de ascender, pero ten moito mérito, xa quedando campión o ano pasado. Non empezou ben a liga en resultados, pero non foi inferior a ningún equipo nos dous partidos xogados. En pequenos detalles perderon os partidos e seguramente, co tempo, iranse afacendo á categoría, aínda que teñen xogadores con moita experiencia nela.

Estilo do rival. Para eles será un partido difícil, como unha final, porque non quererán quedar a remolque nas primeiras xornadas. Será un rival perigoso, que xoga ben, polo estilo de Manolo Simón, un adestrador que foi compañeiro meu e que aínda que non sexa coñecido na categoría, en Asturias si o é. Meteu a moitos equipos en playoff en Terceira, ascendeu co Cova e creo que ten moito mérito. Un gran adestrador e un moi equipo, no que quedou moita xente do ano pasado e que se reforzou con moita xente do Marino.

Perigos do Cova. O primeiro será adaptarnos ao campo. Será importante entrar ben ao partido. Sabemos que todos os equipos que se enfrontan a nós, sobre todo nos recentemente ascendidos, a motivación é maior. Pásanos a todos, se te enfrontas a un rival de superior categoría ou que está arriba na táboa, a motivación é maior. Será un extra para eles, pero serán tamén perigosos pola situación na que se atopan, por puntuación non por sensacións, porque nos partidos, durante moitos momentos, foron superiores ao rival. Temos que competir, máis neste tipo de terreos, contra un equipo que está ferido, que nolo porá moi difícil e que no seu campo tentará dominar. Fíxoo mesmo o outro día co terreo cheo de auga. Esperamos estar acertados e á altura.

Melloría do Compos. O mellor, nos resultados. Os dous últimos partidos de pretempada viñéronnos ben para ter dous positivos. Non perder en Luanco, despois de facer un partido bastante serio, no que fomos dominadores, pero non estivemos acertados e con pouco achegamento a portaría rival. E o outro día foi un partido de boas sensacións por minutos, de baixar o nivel de competición noutros, un partido con moitas alternativas. Creo que o equipo mellorou en confianza, que cha da os resultados; no que queremos que faga o equipo, estamos a dar pasos bastantes grandes; e o estar aí arriba, non é significativo, pero si axuda, tanto para a cabeza dos mozos como de todos os afeccionados, para que veña máis xente a San Lázaro. Non podemos apearnos de aí, tentaremos facelo o mellor posible e ir sumando máis cousas que temos que meter aínda.

Aspectos a mellorar. Hai cousas nas que podemos mellorar, porque igual fisicamente non estamos ao 100%. O outro día acabamos algo cansos, o cal me preocupou, quizais polo ritmo que lle meteu o Arandina. Parecía que eles estaban máis frescos, polo que esperamos estar nun par de semanas nese nivel que buscamos.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 4 ARANDINA- 2
  • COMPOSTELA- 4 ARANDINA- 2
  • COMPOSTELA- 4 ARANDINA- 2
  • COMPOSTELA- 4 ARANDINA- 2
  • COMPOSTELA- 4 ARANDINA- 2
  • COMPOSTELA- 4 ARANDINA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
1⃣.5⃣9⃣7⃣ abonad@s!!! 💙🤍🙌 Superamos xa as cifras da tempada pasada e sumando!!! 💪 Únete ao Novo Camiño do Compos e apoia aos nosos!!! Co carné xove, sáeche a 10€!!!✍️ Abónate pola web de forma moi sinxela!📲 bit.ly/AbonateaoCompos #unnovocamiño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💪 CON TODO A POLO SEGUINTE RETO!!!⚔️ Traballo duro nos adestramentos para preparar a visita do líder ao Vero Boquete!!!🙌 Queremos que o triunfo se quede na casa contra o Zamora Club de Fútbol!!!#composzamora ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💙🤍 POR DIANTE, DOUS ENCONTROS SEGUIDOS NA NOSA CASA!!! APUNTADE DATA E HORA PARA O PRIMEIRO DERBI DA TEMPADA!!!⚽️ ✖️5🆚 Ourense CF🗓️ 01.10.23⏰ 19.00🏟️ Estadio Verónica Boquete🤝 𝐏𝐚𝐭𝐫𝐨𝐜𝐢𝐧𝐚 Auchan (Alcampo) #composourense #unnovocamiño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Gañas de domingo!!! Gañas de Compos!!! 💙🤍🙌 Queremos volver festexar xuntos unha nova vitoria dos nosos!!! 🙌#composzamora ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
👏 👏 👏🙌 O 𝐗𝐮𝐯𝐞𝐧𝐢𝐥 𝐀 da SD Compostela, con 7 puntos en tres xornadas, iguala coa Canteira Celeste no 2º posto do Grupo 1 da División de Honra Xuvenil!!!👏 Inicio espectacular e histórico dos nosos, nun comezo de Liga no que xa se mediron a grandes rivais da categoría!!!#CanteiraPicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.