O Compos estréase na casa cunha vitoria convincente

10 de Setembro de 20230
Gol Manu Barreiro para o Compos
Manu Barreiro adica o gol á súa familia
Jordan celebrando o cuarto gol do Compos
  • O Compos superou por 4-2 ao Arandina, nun partido de moitos goles e de dominio compostelanista

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2023

Chegou a primeira vitoria para o Compos e fíxoo cun partido moi convincente. Triunfo 4-2 contra o Arandina na estrea na casa e tres puntos conseguidos para o botín. O dominio branquiazul foi claro e, a pesar de que os visitantes se meteron no encontro ao final, o triunfo non se escapou.

Manu Barreiro, por dúas veces, unha na primeira e a outra na segunda; Pablo Antas, nun córner; e Jordan, no desconto, foron os goleadores nunha serán para desfrutar e que deixou un gran sabor de boca.

Tras debutar na liga cun empate ante o Marino de Luanco, a SD Compostela estreábase na casa, contra o Arandina, co propósito de sumar o primeiro triunfo da tempada. Na estrea en encontro oficial de Manel Menéndez no banco do Vero Boquete, o novo técnico compostelanista deu continuidade á proposta de Asturias, dando entrando como únicas novidades a Pep Caballé, na dereita, e a Manu Barreiro, na punta do ataque.

Contra un rival que viña de gañar na primeira xornada, os branquiazuis arrincaron decididos a buscar o gol. E é que aos dous minutos xa rozaran o tanto, mercé a un disparo coa zurda de Antón de Vicente que saíu pegado ao poste.

O dominio branquiazul era claro e o encontro xogábase en campo rival, aproveitando as vantaxes que había polas bandas. Aínda que non chegaron a conectar ningún remate con perigo, os nosos terían as súas opcións en dous disparos afastados, de Riki Mangana e Pep Caballé respectivamente, que saíron preto do traveseiro.

Con todo, tras ese cuarto de hora do Compos, os visitantes soltáronse e a contenda igualouse. Xa non podían chegar tan fácil os nosos á área rival, pero tampouco sufrían na propia, continuando con esa confianza e solidez defensiva mostrada na pretempada.

Todo facía indicar que se chegaría ao descanso coa igualada, pero os nosos non estaban polo labor e atoparon o premio. Na enésima subida de Riki Mangana por dereita, o lateral puxo un centro pasado ao segundo pau e aí apareceu o 9 do Compos. Manu Barreiro, moi atento, gañoulle a posición ao defensor e puxo a cabeza para aloxar a pelota na rede. 1-0.

Coa vantaxe conseguida chegouse ao descanso, un intermedio no que os nosos tiñan o premio que querían.

Houbo tempo para descansar, para coller forzas e iso foi o que fixo o Compos, porque os nosos saltaron á segunda metade coa mesma intensidade do comezo do duelo. Volvía mover a pelota en campo contrario, pero cunha diferenza, agora si se atopou o premio do gol.

No 52, nunha contra comandada por Pep Caballé, o extremo, tras recibir de Manu Barreiro, avanzou ata o pico da área, momento no que puxo o servizo, de novo, para o 9. Manu, con amorne, gañou as costas ao central, regateou ao porteiro e marcou a portería baleira. Un auténtico golazo e dobrete para o dianteiro.

E aínda coa euforia do segundo, chegou o terceiro, no 59, esta vez a balón parado. Botou o córner Juampa, rematouna de primeiras Manu Barreiro, a pelota tocou en Jaime e quedou franca para un Pablo Antas que aproveitou a concesión para fusilar a pracer de volea.

Coa diferenza no marcador, os visitantes lanzáronse con valor, atopando un gol cando menos o esperaban. Perdeuna Antón de Vicente en campo propio, recibiu Gonzalo en tres cuartos e soltou un lategazo que entrou por toda a escuadra. Imposible para Pato, 3-1.

Ese tanto sorpresivo deu ás ao Arandina, que se soltou xa por completo, aproveitando as imprecisións locais co esférico. Tentouno Ayub, que atopou unha gran parada de Pato. E conseguiuno, de novo, Gonzalo. O ariete visitante deulle de rebote, tras o intento de despexe de Casas, sacou Pato, pero caeulle o rexeite e marcou a pracer, 3-2.

De súpeto, o Arandina estaba metido de novo no encontro, pero aí apareceu o amorne e a experiencia branquiazul para tranquilizar as augas e levar a pelota a campo rival. E froito desa situación, entrou o cuarto. Un saque de banda, peiteado por Manu Barreiro que deixou só a Jordan, e o de Salvaterra non fallou. Cruzouna coa zurda, desde a frontal, ao fondo das mallas. 4-2.

E aínda houbo tempo para rozar o quinto, pero nesta ocasión Manu Barreiro non atopou as mallas, senón o traveseiro. O potente disparo coa zurda do dianteiro estrelouse na madeira, quedándose coas gañas de celebrar o hat-trick.

Por este motivo, o encontro culminouse co citado 4-2, quedándose os tres puntos na casa. Unha estrea de doce para o Compos no Vero Boquete e xa suma 4 puntos en liga. A próxima semana, nova saída a Asturias, o sábado, para medirse ao Covadonga.

FICHA TÉCNICA

4- SD COMPOSTELA: Pato Guillén; Riki Mangana, David Soto, Álvaro Casas, Samu Araújo; Antón de Vicente, Pablo Antas (Fer Beltrán, m.60); Pep Caballé (Parapar, m.75), Jaime Santos (Jordan, m.60), Juampa (Euse, m.84); e Manu Barreiro.

2- ARANDINA CF: Jara; Dieguito, Jaime, Pesca, Haji; Otu (Kevin, m.72), Jorge (Santacruz, m.72), Zazu, Raly (Ayub, m.46); Gonzalo e Frodo (Átomo, m.82).

GOLES: 1-0: Manu Barreiro, min.40; 2-0: Manu Barreiro, min.52; 3-0: Pablo Antas, min.59; 3-1: Gonzalo, min.65; 3-2: Gonzalo, min.79; 4-2: Jordan, min.90+2.

ÁRBITRO: Sahelices Puga (Asturias). Amoestou a Pablo Antas, polo Compos.

INCIDENCIAS: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Partido da xornada 2 do Grupo 1 da Segunda RFEF disputado ante 1.432 espectadores. Antes do comezo gardouse un minuto de silencio polos afectados do terremoto de Marrocos.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 4 ARANDINA- 2
  • COMPOSTELA- 4 ARANDINA- 2
  • COMPOSTELA- 4 ARANDINA- 2
  • COMPOSTELA- 4 ARANDINA- 2
  • COMPOSTELA- 4 ARANDINA- 2
  • COMPOSTELA- 4 ARANDINA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
1⃣.5⃣9⃣7⃣ abonad@s!!! 💙🤍🙌 Superamos xa as cifras da tempada pasada e sumando!!! 💪 Únete ao Novo Camiño do Compos e apoia aos nosos!!! Co carné xove, sáeche a 10€!!!✍️ Abónate pola web de forma moi sinxela!📲 bit.ly/AbonateaoCompos #unnovocamiño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💪 CON TODO A POLO SEGUINTE RETO!!!⚔️ Traballo duro nos adestramentos para preparar a visita do líder ao Vero Boquete!!!🙌 Queremos que o triunfo se quede na casa contra o Zamora Club de Fútbol!!!#composzamora ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💙🤍 POR DIANTE, DOUS ENCONTROS SEGUIDOS NA NOSA CASA!!! APUNTADE DATA E HORA PARA O PRIMEIRO DERBI DA TEMPADA!!!⚽️ ✖️5🆚 Ourense CF🗓️ 01.10.23⏰ 19.00🏟️ Estadio Verónica Boquete🤝 𝐏𝐚𝐭𝐫𝐨𝐜𝐢𝐧𝐚 Auchan (Alcampo) #composourense #unnovocamiño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Gañas de domingo!!! Gañas de Compos!!! 💙🤍🙌 Queremos volver festexar xuntos unha nova vitoria dos nosos!!! 🙌#composzamora ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
👏 👏 👏🙌 O 𝐗𝐮𝐯𝐞𝐧𝐢𝐥 𝐀 da SD Compostela, con 7 puntos en tres xornadas, iguala coa Canteira Celeste no 2º posto do Grupo 1 da División de Honra Xuvenil!!!👏 Inicio espectacular e histórico dos nosos, nun comezo de Liga no que xa se mediron a grandes rivais da categoría!!!#CanteiraPicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.