A segunda edición dos Campus Xacobeos, todo un éxito

15 de Setembro de 2023
Primeira semana dos Campus Xacobeos en Santiago
Foto Oficial da sede de Touro dos Campus Xacobeos
Foto Oficial do Campus de Santa Isabel de setembro
Segunda semana dos Campus Xacobeos en Santiago
  • Máis de 500 nenos e nenas desfrutaron dos Campus Xacobeos este verán

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2023

A segunda edición dos Campus Xacobeos pechouse a pasada semana certificando o éxito total desta iniciativa. Duplicouse o número de rexistrados respecto ao pasado ano, superando os 500 participantes, estreáronse novas sedes con grandes resultados e, sobre todo, en todas as semanas de actividades, os nenos e nenas gozaron ao máximo coas actividades preparadas.

A renovación da dirección deportiva dos Campus Xacobeos demostrou ser todo un acerto. Melloráronse os exercicios, introducíronse materiais innovadores e creáronse grandes lazos de unión entre os participantes e os adestradores. Ademais, a inclusión das Cartas FIFA foi outro éxito desta edición.

Para lograr estes grandes resultados, os Campus Xacobeos contaron coa importante axuda dos seus patrocinadores. En especial, destacar o apoio do seu patrocinador principal, Cobre San Rafael, na súa aposta por potenciar o deporte base. Pero tamén foi crucial a achega de Kutxabank, Alcampo, Jim Sports e Gráficas Alonso para facer posible esta segunda edición.

E, como non, tamén merecen unha mención destacada os clubs e concellos nos que se levaron a cabo cada unha das sedes. Mención destacada para a gran acollida que tiveron os Campus Xacobeos en Touro e Arzúa, a pesar de estrearse nos Campus. Así mesmo, en Santiago, a participación multiplicouse, cunha gran presenza de cativos tamén na sede de setembro.

Ademais, tamén tiveron un papel destacado os Campus de Dumbría, onde estaremos un ano máis coa Compostec, e A Escravitude.

Por último, dar as grazas aos nenos e nenas que escolleron os Campus Xacobeos para gozar do fútbol no verán, así como aos nosos adestradores pola súa dedicación e esforzo para o desfrute dos pequenos.

Por tanto, tras pechar un gran verán de actividades para os nenos e nenas, os Campus Xacobeos despídense ata o Nadal, época na que volveremos con novas sedes e moitas sorpresas. Seguiremos traballando e innovando para que a próxima edición volva ser todo un éxito.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.