Derrota do Compos contra o Ourense

1 de Outubro de 2023
Parapar, moi incisivo pola banda dereita do Compos, tras regatear a Manu
Hugo Matos, un dos máis activos do Compos, encarando a un rival
Marqueta, o heroe do Ourense, despexa de puños un centro de Parapar
  • A SD Compostela tivo dúas ocasións claras no desconto, pero volveu perder

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2023

Como fai sete días, a SD Compostela volveu perder no Vero Boquete. Nun partido no que aos nosos non lle saíron as cousas, o Ourense levou os puntos. Puido sumar o Compos no rus final, pero non houbo forma de superar a un milagroso Marqueta.

Despois da derrota dura contra o Zamora, o Compos regresaba ao Vero Boquete co propósito de recuperar as boas sensacións e sumar os tres puntos diante dos seus.

Coas únicas novidades de Riki Mangana e Jordan, polos ausentes Pep Caballé e Juampa, Manel Menéndez quería a un Compos protagonista, valente e que buscase o ataque con máis ímpeto.

Aínda que comezaron mellor os branquiazuis, as cousas torcéronse aos poucos minutos coa lesión de Riki, que volvía tras unha lesión muscular. O ritmo era lento, con continuas perdas de tempo, o que provocaba que só se visen achegamentos pola área tras accións puntuais de calidade individual.

Estivo preto do gol Jordan, nun disparo coa zurda desde a frontal que se marchou por pouco, e tamén Fer Beltrán, ao que a pelota lle quedou un pouco arriba nun centro do propio Jordan.

Con todo, quen si acertarían serían os visitantes. No 26, o pichichi Amin recibía na área un gran servizo de Facundo Ballardo e ante Pato, batíao con calidade. 0-1.

O gol en contra era un novo pau para o Compos, ao que non lle quedaba outra que irse arriba en busca dun tanto. Dificultábano os ourensáns, parando ao máximo o tempo e evitando que os nosos lle desen ritmo ao xogo.

Os nosos tentábano, pero non conseguían desfacerse da marcaxe rival e os nervios comezaban a apoderarse dos xogadores. Así, chegábase ao intermedio coa vantaxe dos visitantes.

Á volta dos vestiarios, cos mesmos protagonistas, ao Compos non quedaba outra que irse ao ataque. Necesitaban salvar a mala imaxe do primeiro acto e reaccionar. Buscando a verticalidade por bandas, cando a pelota se movía apreciábase máis perigo que nos primeiros 45 minutos.

Aínda que lle custaba achegarse a Marqueta, o Compos teríaa nas botas de Fer Beltrán, pero con todo a favor, o do Saviñao, mandábaa arriba. O centro de Jaime Santos chegáballe ao segundo pau pero, desde a área pequena, íaselle fóra.

Minutos máis tarde, pola outra banda, probaríao Parapar, avanzando por liña de fondo e pondo un pase da morte que tapaba Marqueta co corpo.

E polo centro, teríaa Manu Barreiro, no 77, cunha volea coa zurda que a sacaría da escuadra Marqueta; e, no 83, pero mandaría arriba, desde o punto de penalti, o servizo atrás de Parapar.

Con todo, as máis claras chegarían no desconto. Nun gran rus final, os nosos puideron empatar, ata por dúas ocasións, pero aí apareceu Marqueta para salvar aos seus. Primeiro, sacou baixo paus un remate de cabeza de Manu Barreiro, atrapando despois o remate en semierro de Pablo Antas, e no último minuto, volveu voar para despexar abaixo outro testarazo do ariete compostelán.

Sen acerto en portaría rival e cun Marqueta salvador, o Ourense levou os tres puntos. A SD Compostela terá que esperar unha semana máis para relamber as súas feridas. A próxima semana, derbi o sábado contra o Fabril.

FICHA TÉCNICA

0 – SD COMPOSTELA: Pato Guillén; Riki Mangana (Fer Beltrán, m.8), David Soto, Álvaro Casas, Samu Araujo (Roi Rama, m.83); Antón de Vicente, Pablo Antas, Jordan (Hugo Matos, m.63); Parapar, Jaime Santos e Manu Barreiro.

1 – OURENSE CF: Marqueta; Andrada (Portela, m.73), Cristian, Miguel Prado (Sergio Bernárdez, m.86), Manu; Alejandro Fidalgo, Jerin; Alberto Gil (Brais Penela, m.62), Facundo Ballardo, Álex Gil (Nacho Fariña, m.73); e Amin (Antonio Salinas, m.73).

GOLES: 0.1: Amin, min.26.

ÁRBITRO: Juncal Moreira (Pontevedra). Expulsou a Jordan (m.93), no banco, por dobre amarela. Amoestou a Parapar e Pablo Antas, polo Compos; e a Alejandro Fidalgo e Jerin, polo Ourense.

INCIDENCIAS: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 5 do Grupo 1 da Segunda RFEF disputado ante 1.340 espectadores.

 

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 UN ENCONTRO PARA SACAR ENTRE TODOS!!!🙌 ESTE DOMINGO, TODOS AO VERO BOQUETE!!!🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 10.12.23⏰ 12.00🏟️ Estadio Vero Boquete📦 𝐏𝐚𝐭𝐫𝐨𝐜𝐢𝐧𝐚 𝐎 𝐏𝐚𝐧 𝐝𝐞 𝐋𝐞𝐢𝐬 🎟️ Entradas Online 👉 app.cluber.es/clubes/64770af75c3ab340920086/pagos/6566fd34cb3f3943395285#composvetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚽️ Comeza unha nova semana con cinco adestramentos previstos! Centrados xa no seguinte reto na casa!!!⚒️ Este domingo, todos xuntos, sacaremos adiante o encontro!!!#composvetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🤝 Grazas afección Sempre nas boas, sempre nas malas 🩵🤍#pontevedracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔚Pontevedra CF3️⃣-0️⃣COMPOS 🩵🤍#pontevedracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐎𝐒 𝐍𝐎𝐒𝐎𝐒 🩵🤍#pontevedracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.