O Compos empata en Abegondo contra o Fabril

7 de Outubro de 2023
Hugo Matos, canteirán do Compos, foi dos máis activos en ataque
Parapar nunha cabalgada na segunda metade
Hugo Matos disparando no minuto 9
Hugo Matos contra Lache, dos duelos máis intensos no primeiro acto
  • O Compos non puido pasar da igualada, 0-0, no derbi

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2023

A SD Compostela só puido sumar un punto na súa visita a Abegondo. Os branquiazuis, que melloraron a súa imaxe respecto ao domingo pasado, non conseguiron perforar a portaría de Brais, quedándose co 0-0 inicial.

Tras acumular dúas derrotas consecutivas como local, e tres xornadas sen conseguir a vitoria, a SD Compostela chegaba a Abegondo cun único obxectivo, recuperar a senda do triunfo.

Tentando romper coa xeira de malos resultados, Manel Menéndez avisaba na previa da importancia de ser un equipo máis agresivo, así como do papel que xogaría o aspecto mental no duelo.

Para arrincar da mellor maneira no derbi, o técnico compostelanista recuperaba para o once a Pep Caballé, que regresaba trala súa sanción, e colocaba por primeira vez como titular ao canteirán Hugo Matos, un dos máis destacados do equipo neste inicio ligueiro.

Con todo, serían os locais os que iniciarían a contenda con maior presencia en área rival. Con varios balóns longos, os coruñeses conseguiron faltas perigosas, nas que roldaron a meta de Pato Guillén, aínda que ningunha delas atopou os tres paus.

Ese ímpeto local frearíano moi ben os nosos a partir do minuto 9, no que tiveron a súa primeira gran ocasión. Peiteada de Manu Barreiro, toque de Jaime Santos e Hugo Matos aparecendo ao espazo, pero o canteirán atopábase con Brais no seu disparo desde a frontal.

Esa gran resposta deu paso ao comezo do dominio compostelanista en Abegondo. Presionando arriba, roubando balóns e con pausa na posesión, o Compos asentábase en campo do Fabril, atopando boas posicións de centro. Na área, como sempre, cazábaas todas Manu Barreiro, pero non atopaba a portería nos seus remates.

Tamén atopaba o perigo o Compos nas botas de Hugo Matos, nun duelo moi intenso contra Lache, aínda que nas súas dúas entradas máis claras, o árbitro sinaláballe falta en ataque, a segunda delas moi polémica, xa que o rozamento foi leve e a continuación o lateral cometeu un penalti claro sobre Antas.

Con todo, a calor elevada que se vivía en Abegondo afectaba moito ao xogo e co paso dos minutos, o ritmo baixou. Aínda así, habería unha opción máis para cada equipo: un remate de cabeza de Diego Gómez, na área, que se escapou por pouco; e un disparo de Antas, na última xogada, que se foi arriba por pouco.

Por iso, sen acerto nas áreas, chegouse ao intermedio co resultado inicial, 0-0.

Ao final do encontro, o Compos estivo preto da vitoria

Á volta dos vestiarios, cun cambio no centro da zaga local, volveu saír más enchufado o Fabril, o que provocou que tivese a opción máis clara do encontro no primeiro minuto da continuación. Cortou Jairo o pase de Pep Caballé ao centro, caneou a Pato e disparou, pero, afortunadamente para os nosos, atopouse co poste.

A pesar do susto inicial, foi unha acción puntual, xa que o Compos volveu rapidamente a levar o peso do encontro. Os compostelanistas evitaban que o duelo se convertese nun ida e volta, algo que podía favorecer ao filial, pero iso complicaba que os nosos se achegasen polas inmediacións de Brais.

Foron transcorrendo os minutos coa igualada, chegando á recta final con todo por decidir. Manel deu entrada a Roi para ter pernas frescas e o movemento funcionou, porque o Compos asentouse preto da área rival.

En varios roubos en zona ofensiva, o Compos chegou con claridade ao bordo da área, pero nese punto faltou decisión para atopar o fondo das mallas.

Primeiro, Manu Barreiro non puido golpear a deixada de Antas; despois, un remate de cabeza de Hugo Matos, tras pegar nun central, sacouno con apuros Brais; a continuación, nun córner, ninguén puido chegar á pelota morta na área; ao pouco, Pep Caballé enviou fóra un esférico que cazara na área; e, por último, Roi Rama non puido alcanzar a peiteada de Manu Barreiro, xa que chegou Iano moi rápido.

A pesar de que a vitoria estivo máis preto de viaxar para Compostela que de quedar na Coruña, os nosos non puideron perforar o arco rival e quedaron co 0-0. Repartición de puntos, que queda curto para os intereses compotelanistas, pero que terá que facerse bo, o vindeiro domingo, contra o Racing Villalbés.

FICHA TÉCNICA

0 – RC DEPORTIVO FABRIL: Brais; Lache (Mardones, m.88), Somolinos (Pereira, m.46), Marotías, Iano; Brais Val; Diego Gómez, Jairo (Thym, m.66), Barba, Vilán (Iñaki, m.77); e Kevin (Mati Castillo, m.77).

0 – SD COMPOSTELA: Pato Guillén; Pep Caballé, David Soto, Álvaro Casas, Samu Araujo; Antón de Vicente, Pablo Antas; Parapar (Roi Rama, m.75), Jaime Santos, Hugo Matos; e Manu Barreiro.

GOLES: Sen goles.

ÁRBITRO: Fernández Rodríguez (Ourense). Amoestou a Iñaki, polo Fabril; e a Pep Caballé, Manu Barreiro, Antón de Vicente e Pablo Antas, polo Compos.

INCIDENCIAS: Cidade Deportiva de Abegondo (Abegondo). Xornada 6 do Grupo 1 da Segunda RFEF.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.