Manel Menéndez: “Está na nosa man darlle a volta e estamos concienciados”

13 de Outubro de 2023
Vidal Díaz, director xeral de Inforhouse, e Manel Menéndez, adestrador do Compos
  • Manel Menéndez agarda que o Compos poida recuperar as boas sensacións contra o Vilalbés, un encontro patrocinado por Inforhouse

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2023

A SD Compostela quere recuperar as boas sensacións. Tras tres semanas sen marcar e catro sen gañar, os nosos están desexosos de conseguir bos resultados. Ao Vero Boquete chega o domingo o Racing Club Vilalbés, un novo derbi, e pola cabeza dos xogadores branquiazuis non pasa outra cousa que non sexa lograr os tres puntos.

Na previa do encontro, Manel Menéndez destacou a importancia deste duelo, do vital que é romper a mala dinámica e de que están concienciados para darlle a volta á situación actual do Compos.

Será, por tanto, un duelo decisivo para os intereses branquiazuis, un encontro importantísimo que estará patrocinado por Inforhouse SL. Por iso, Manel Menéndez estivo acompañado esta mañá en rolda de prensa por Vidal Díaz, director xeral da compañía compostelá.

Estado do plantel. A semana foi bastante ben. Recuperamos a Euse e Juampa. Empezaron a adestrar esta semana, a evolución foi boa, fixérono ao 100% e poderemos contar con eles para o domingo. Riki Mangana é a única baixa para o partido.

Fran López. Fran, ten que ir aos poucos. É un xogador que non fixo pretempada, que non xogou partidos e que non ten ritmo de competición. Hai que ir aos poucos con el. Os partidos ás veces dinche o que necesitas e o outro día non participou, o cal non significa que non vaia a participar noutros partidos.

Estado anímico pola clasificación. No anímico, cando non chegan as vitorias, é lóxico que poidas ter dúbidas ou desconfianza. A xente quere gañar, pero esta é unha situación que non esperabamos ningún, porque só gañamos un partido en sete que levamos. Está na nosa man darlle a volta e os xogadores están concienciados. Este domingo é moi importante recuperar boas sensacións e confianza, porque isto son dinámicas e se gañas o partido, iremos a Torrelavega con outra mentalidade.

Estado de Manel Menéndez. Eu, ben. Nos partidos desgústome moito por perder, aínda que o meu rostro sexa outro. Ao final, como adestrador, tamén estou para xestionar emocións e non me podo permitir o luxo de chorar polas esquinas. Teño que tentar dar coa tecla e darlle a volta a esta situación, porque é desagradable e porque temos capacidade e xente dabondo para poder facelo.

Futuro no banco. Non me preocupa. O único que me preocupa é gañar ao Vilalbés, darlle a volta á situación, que os xogadores volvan recuperar  a confianza da pretempada e do inicio de liga. Soamente iso, o outro non me incumbe a min.

Estar por encima da dinámica. Cando inicio esta nova aventura, no persoal, era dar un paso cara a adiante, encontrar un histórico que buscaba o ascenso como obxectivo claro e asúmoo tranquilamente. A pretempada non foi mala e no inicio de liga o equipo vía que podía estar aí. Pero despois, non cadran os resultados e o tema anímico é importante. Non esperabamos isto, pero temos que estar moi por encima de todo isto. Dedicámonos a este deporte e é algo máis que pode ocorrer na liga. Temos que saír de aí canto antes, porque se te atascas si que empezan os problemas.

Equilibrar a balanza. Levamos 5 goles a favor e 5 en contra, aínda que levamos tres sen facer gol, o cal é estraño para o nivel do plantel. Hai que tomalo como unha xeira, porque cando empecen a entrar, a cousa cambiará. Na pretempada o problema era que estabamos a encaixar, pechamos un pouco ese capítulo, sendo máis agresivos defensivamente, pero agora hai que equilibrar a balanza.

Xerar situacións de perigo. O outro día non foron moi claras, quitando a de Hugo na primeira parte que puido cambiar o devir do partido. Con todo, na segunda parte, aínda que non tivemos moitas chegadas, si que foi moi seria e moi boa. O día do Ourense, o equipo tiña que buscar o resultado, non tiña nada que perder, botoulle todo corazón e houbo opcións de facer gol. E nos partidos anteriores, tamén tivemos opcións de gol, pero como puxemos o listón moi alto o día da Arandina, parece que hai que facer catro goles todos os domingos. Con todo, é verdade que levamos tres sen meter, co cal temos que calarnos e facer o que debemos. Gañar partidos é meter goles. Esperamos cambiar a dinámica e gozar da xente de ataque, porque temos moito potencial para facer goles.

O Racing Villalbés. Agardo un rival difícil. Un equipo que leva tres puntos máis ca nós. Un equipo que tivo un inicio de liga moi bo, xa que o primeiro partido que perdeu foi este pasado domingo contra o Covadonga, e están mantendo un nivel de competición moi alto. En pretempada xa nos demostrou que tiña moi claro o que facían, que se asentarían rápido na categoría, e así é. Gozan xa de 9 puntos, contan con xogadores con experiencia, traballan moi ben defensivamente e ofensivamente tamén teñen xente moi perigosa e que che pode facer goles.

Estilo do rival. Con Simón Lamas practican un fútbol práctico, que o fan moi ben. Teñen puntas rápidos, xogadores que loitan arriba e que che condicionan a que non teñas un fútbol fluído desde atrás, xente traballadora no centro do campo e centrais altos que che complican o xogo aéreo. Hai partidos que manexaron máis o fútbol directo e outros nos que foron máis asociativos, polo que a súa clasificación actual, nunha zona cómoda, ninguén lla regalou. Ademais, veñen de gañar o último partido fóra da casa contra a Arandina. Por tanto, temos que ter moito coidado, sabemos que será un partido moi difícil, un encontro trampa no que non podemos pensar que, porque sexan recentemente ascendidos, somos mellores que eles.

 

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

19 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🖤 O primeiro equipo, no regreso ao traballo esta mañá, gardou un respectuoso minuto de silencio por Jesús de Miguel Descansa en paz ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRIMEIRO DERBI NA NOSA CASA CONFIRMADO🤝💡 Un partidazo patrocinado por Ojoalvatio ⚽️ Xornada 11🆚 Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.