A SD Compostela e Manu Castiñeiras separan os seus camiños

15 de Outubro de 2023

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2023

A Sociedade Deportiva Compostela e Manuel Castiñeiras chegaron a un acordo esta tarde para poñer fin á súa relación contractual. O club e o xa exdirector deportivo acordaron a separación dos seus camiños polo ben da entidade.

Desde o club, co obxectivo de tentar retomar a boa senda deportiva, trasladóuselle a Manu Castiñeiras, á finalización do partido, a posibilidade de pechar o seu capítulo como director deportivo, decisión que foi aceptada.

Desde a SD Compostela queremos trasladar a Manu Castiñeiras o noso máis sincero agradecemento por todo o seu traballo, dedicación e esforzo incansable para que o proxecto do Compos prosperase.

Manu Castiñeiras é un emblema desta entidade, tanto polo seu pasado como xogador como polo seu labor desde os despachos. Neste sentido, o seu traballo desde 2016 permitiu que o club puidese continuar adiante e que recuperase impulso durante todos estes anos, nos que se viviron grandes momentos deportivos.

Por todo iso, esperamos que esta separación sexa un punto nun camiño no que nos volvamos atopar.

Moitas grazas por todo, Casti.

 

Víctor Pazos, secretario técnico de forma interina

Co adeus de Manu Castiñeiras, a dirección deportiva da SD Compostela será asumida de forma interina por Víctor Pazos. O coordinador da Canteira Picheleira será o secretario técnico do club desde este luns, mentres o Compos traballa na procura dun substituto.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

21 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.