Gran éxito das primeiras xornadas ‘Tecnoloxía e Deporte’

26 de Outubro de 2023
As primeiras xornadas contaron coa presenza de Enrique Clavijo, á dereita, Ezequiel Mosquera, Miguel Verdes e Ignacio Calles
O auditorio da Facultade de Medicina da USC acolleu estas xornadas sobre innovación no deporte
Tecnoloxía e Deporte, a revolución tech chega á industria deportiva
Enrique Clavijo durante a sua intervención nas xornadas de Tecnoloxía e Deporte
Primeiras xornadas Tecnoloxía e Deporte, da Fundación SD Compostela
  • Máis dun centenar de persoas gozaron das primeiras xornadas ‘Tecnoloxía e Deporte’

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2023

As primeiras xornadas ‘Tecnoloxía e Deporte’, organizadas pola Fundación SD Compostela, foron todo un éxito. Os asistentes ao auditorio da Facultade de Medicina da USC puideron gozar dun evento no que os relatores achegaron claves moi interesantes sobre como a industria tech xa está a revolucionar o mundo do deporte.

Máis de medio centenar de asistentes gozaron coas achegas realizadas por Enrique Clavijo, director sports de Amazon Web Services (AWS), Ezequiel Mosquera, CEO de Emesports; Miguel Verdes, account manager de Cluber; e Ignacio Calles, CEO de Flecha Partners.

Sen dúbida, foi un encontro moi enriquecedor para todos, unha cita para coñecer de primeira man como a innovación marca xa o día a día dos clubs e eventos deportivos. Nesta nova era, as ferramentas de innovación permiten ás entidades ser máis eficientes, utilizando procesos preditivos que eran impensables hai uns anos.

Sobre este tema falou Enrique Clavijo, convidado estrela destas primeiras xornadas ‘Tecnoloxía e Deporte’. Durante o seu relatorio, o director de AWS e con pasado na área tecnolóxica de clubs de fútbol de primeiro nivel (AS Roma, FC Barcelona ou Real Madrid CF), destacou que “non se pode concibir ningunha estratexia comercial no fútbol sen ter en conta a súa implantación dixital”.

Así mesmo, sinalou que “a tecnoloxía e a análise de datos son clave na realidade e modernización dos clubs, pero moi poucos saben dar forma a esta información á que agora temos acceso”.

Tralo seu excelente relatorio, levouse a cabo a mesa redonda, moderada por Ignacio Calles, na que Enrique Clavijo estivo acompañado por Ezequiel Mosquera e Miguel Verdes.

O debate seguiu na liña do adiantado no relatorio. Por iso, Enrique Clavijo insistiu en que “nos atopamos cunha gran resistencia ao cambio en moitos clubs e co problema de que hai moita volatilidade na xestión, o que fai que sexa difícil manter unha estratexia a longo prazo”. Neste sentido, tamén quixo deixar patente que “a tecnoloxía ten que ser parte da estratexia, non unha consecuencia, sendo moi flexibles, posto que a innovación cambia a gran velocidade”, concluíu.

Pola súa banda, Ezequiel Mosquera puxo en valor a evolución tecnolóxica no ciclismo, quen de “controlar todos os datos que che poidas imaxinar”. Así, citou “agora mesmo un triunfo está en segundos e a tecnoloxía úsase ata nivel incribles”. “Esa capacidade tecnolóxica é o que fai que sexas ou non un equipo punteiro”, concluíu.

Mentres tanto, Miguel Verdes quixo destacar que desde Cluber tentan “que a fenda dixital entre clubs poderosos e clubs con menos capacidade sexa menor, achegando a innovación e as ferramentas dixitais a todos”.

Por último, sinalar que Ignacio Calles, en representación do club, recalcou que “queremos que o Compos teña un papel máis activo na sociedade e cremos que este tipo de accións é importante”.

Dado o éxito desta primeira edición, desde a Fundación SD Compostela agradecen a asistencia de todos os presentes, así como as grandes achegas dos expertos convidados ao encontro.

Do mesmo xeito, trasladan o seu máis sincero agradecemento ás empresas que permitiron a organización deste evento. Turismo de Galicia, como patrocinador das xornadas ‘Tecnoloxía e Deporte’; e Plexus Tech e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), como colaboradores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

14 hours ago

SD Compostela
⏰ HORARIO confirmado para a seguinte xornada 🩵🤍x23 🆚 UM Escobedo 🏟️ Estadio Eusebio Arce🗓️ Domingo, 16 de febreiro🕛 12.00 horas#escobedocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽️ O partido contra o Club Marino de Luanco será benéfico a favor do Banco de Alimentos de Santiago (BALRIAL Santiago)🎟️ Todas as persoas que entreguen produtos non perecedoiros no acceso ao Estadio accederán de balde🙌 Animamos tamén aos abonados a participar nesta iniciativa#composmarino ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
👨‍⚕️ 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌𝐄́𝐃𝐈𝐂𝐎⚽️ Diego GonzálezTras Resonancia Magnética, os servizos médicos do club detectaron unha nova rotura no meniscal que require tratamento cirúrxicoO xogador será intervido na maior brevidade posible💪 Moito ánimo, Diego! Volverás máis forte!📸 Nacho Castaño 👨‍⚕️ Dr Adrián Gallego Goyanes - Traumatología Deportiva y Cirugía Ortopédica ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario a nosa última fichaxe, 𝐂𝐚𝐫𝐥𝐨𝐬 𝐏𝐞́𝐫𝐞𝐳 🩵🤍🎂 Moitos parabéns, Carlos!⚽️ Benvido a Compostela e que o celebremos con moitos éxitos xuntos#benvidocarlospérez🩵🤍 𝐅𝐈𝐂𝐇𝐀𝐗𝐄💪 Carlos Pérez, novo xogador da SD Compostela!⚽️ O mediapunta chega libre e firma ata final de tempada𝐂𝐚𝐫𝐥𝐨𝐬 𝐏𝐞́𝐫𝐞𝐳 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/2025/02/04/carlos-perez-refuerzo-calidad-compos/#BenvidoCarlosPérez ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.