Michel Alonso: “Agardo un Compos que transmita e que a afección saia orgullosa desde xa”

27 de Outubro de 2023
Michel Alonso na previa do partido do Compos
  • Michel Alonso confía en que o Compos consiga a súa segunda vitoria consecutiva, na súa estrea no Vero Boquete

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2023

Michel Alonso debuta no Vero Boquete este domingo. O novo técnico branquiazul, trala vitoria en Torrelavega, quere outro triunfo, o segundo seguido, diante da súa nova afección. Para iso, o adestrador do Compos agarda que a SD Compostela continúe mellorando a súa imaxe, enchendo de orgullo á afección.

Para a cita do domingo, ás 16.45 horas, contra o Real Valladolid Promesas, Michel Alonso espera un Compos valente, que poida prolongar as boas sensacións da estrea e que reduza os erros que se puideron ver no Malecón.

Estado do plantel.

A parte da sanción de Pablo Antas e as baixas de longa duración de Samu e Crespo, Riki Mangana segue de baixa e o resto todos dispoñibles.

Baixa de Pablo Antas.

É un xogador importante, iso é indubidable, pero hai outros agardando a oportunidade. É un momento bo para que os que veñen de non xogar esta última xornada, teñan a súa oportunidade.

Estrutura en Cantabria.

Para o partido, ao non ter moito tempo, só tres sesións, pensei que era a mellor maneira de poder acomodar aos xogadores. Para que estivesen cómodos para afrontar o encontro, optei por esa estrutura. En principio, aínda que temos moito que mellorar, nalgúns aspectos, a bastantes xogadores pódelle encaixar ese sistema. En todo caso, tamén podemos cambiar a outras formacións, esa é a idea.

Defensa con tres centrais.

É unha opción que continuemos con esa idea, pero estivemos a traballar outras cousas. Temos para facer iso e se toca cambiar e variar, poderiamos facer outra cousa tamén.

Un Compos camaleónico.

Son dos que penso, máis nesta circunstancia concreta que me toca lidar agora, que a adaptación é importante. Elixín esa disposición e ese sistema de xogo porque pensei que era o que mellor se adaptaba.

Aquí, tócame adaptarme, porque na casa imos ser un equipo coa obrigación, entre comiñas, de ser dominadores e isto require ter a posesión do balón durante boa parte do partido. En todo caso, cando nos toque contraatacar, gústame que os meus equipos sexan verticais, dinámicos e que finalicen moitas veces. Nesta categoría, os equipos que son camaleónicos teñen moito gañado. Espero, co tempo, que se vexa iso no Compostela.

Valladolid Promesas.

Cambiaron xogadores. Os de arriba xa non están, pero sabemos que teremos enfronte un equipo dinámico, con moito ritmo, con calidade individual e con xente nova, como case todos os filiais. Temos claro o que temos enfronte e o que temos que facer para conseguir a vitoria.

Estado anímico do Compos.

Os xogadores traen mellores caras que cando os recollín, iso é indubidable. Na presentación comentaba que vía a uns xogadores preocupados, que se sentían responsabilizados da situación, e a vitoria cambiou moito o ánimo. O outro día, despois do partido, todos os xogadores estaban contentos, os que saíron de inicio, os que xogaron menos e os que non xogaron. Vin a un equipo liberado e esta semana as caras son mellores do que me atopei aquí a semana pasada.

Aspectos positivos e negativos de Torrelavega.

Marcar 4 goles fóra da casa non é habitual. Dicíallo a eles, que metemos catro e case empatamos. Non pode suceder iso. Sabémolo. Sabemos cal é o camiño e estamos a traballar niso.

En todo caso, en Torrelavega, superamos moito lastre que tiña o equipo. Rompemos co de que o equipo non marcaba, e tamén co de que, se encaixaban un golpe, non remontaban. Logramos facer ambas cousas. Por iso, hai moitas cousas boas que sacamos do partido, pero tamén está claro que non podemos encaixar goles en cada partido.

Unha semana normal.

Vimos dunha semana que foi unha tolemia. Chegar o xoves, facer tres sesións de adestramento, cambiar cousas e foi un pouco unha tolemia. Agora, a idea é ir achegándonos ao que nos gusta desde o corpo técnico. Esta xa foi máis semana normal e os xogadores vírono. Hai que darlle normalidade a todo, que os xogadores se afagan ao que queremos traballar e, a partir de aí, a voar, a gañar partidos.

Partido contra o Tenerife.

A este partido non lle afecta en nada. Non estou a pensar en nada no partido seguinte ata o domingo a partir das 19.00. Evidentemente, hai xente do corpo técnico traballando sobre o partido do mércores, pero a aliñación deste domingo non estará condicionada en nada polo partido de Copa.

Debut no Vero Boquete.

Vin como rival moitas veces e tocoume sufrir. Agora estou ilusionado, con moitas gañas de que chegue o partido e con gañas de sentir á xente de aquí. Espero que nos apoien e axuden, porque creo que o equipo lle vai a transmitir, ou polo menos iso espero. Pido que nos animen e nos axuden, sobre todo nos malos momentos, que agardo que non os haxa. Desde a parte que nos toca, espero un Compos que transmita e que a afección saia orgullosa desde xa.

Posibles adversidades meteorolóxicas.

Se o campo non estivese en boas condicións, condicionará aos dous equipos e terémonos que adaptar. Á aliñación non lle debería de afectar, pero si ao que propoñas no campo, por exemplo, se ten moita auga.

 

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.