Lenovo e Motorola, novos patrocinadores principais da SD Compostela

29 de Outubro de 2023
Antonio Agrasar, da SD Compostela; Pablo Antas, Manu Barreiro e Euse, xogadores do Compos; e Alberto Ruano, director xeral de Lenovo España
Pablo Antas, Manu Barreiro e Euse, xogadores do Compos, coas novas camisetas
Grupo Lenovo e Motorola son os novos patrocinadores da SD Compostela
Presentación Oficial do novo patrocinador principal da SD Compostela na Praza do Obradoiro
O acto de presentación oficial tivo lugar na Praza do Obradoiro, durante a celebración da Carreira Pedestre
  • Lenovo e Motorola, compañías tecnolóxicas líderes, patrocinarán conxuntamente as equipacións do primeiro equipo da SD Compostela

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2023

Un acordo histórico para o Compos e un paso cara á modernización da entidade. O Grupo Lenovo e o seu fabricante de smatphones Motorola son os novos patrocinadores principais da SD Compostela para esta Tempada 2023.24. As compañías tecnolóxicas apostan pola entidade branquiazul e farano cun patrocinio combinado, no que se repartirán o protagonismo nos equipamentos do club. Firman ata final de campaña.

Este acordo de patrocinio supón un gran fito para a Sociedade Deportiva Compostela. Dúas compañías tecnolóxicas líderes a nivel mundial que mostran o seu apoio ao proxecto branquiazul, acompañándoo neste novo camiño do club pola Segunda Federación.

Nesta liña, a chegada de Lenovo e Motorola á SD Compostela permite ao Compos dar un salto cualitativo cara á modernidade e a tecnoloxía. Nun mundo deportivo cada vez máis marcado pola industria tech, este patrocinio supón un impulso moi importante para o club.

Trala firma do acordo, esta mañá foron presentadas os novos equipamentos da SD Compostela na Praza do Obradoiro, nun evento, en plena Carreira Pedestre, no que tamén estiveron presentes centenares de afeccionados do Compos.

O acto contou coa presenza de Antonio Agrasar, pola SD Compostela; e de Alberto Ruano, como director xeral de Grupo Lenovo. Xunto a eles, os xogadores Manu Barreiro, Pablo Antas e Euse Monzó, actuaron coma modelos con cada un dos novos equipamentos.

Do mesmo xeito, na presentación pública das camisetas tamén estiveron presentes Xose Ramón Lete, secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia; Pilar Lueiro, concelleira de Deportes de Santiago; Antonio Leira, deputado de Deportes da Deputación da Coruña; e Antonio López, reitor da USC.

Durante o acto oficial, Antonio Agrasar quixo agradecer, en nome do Compos, o apoio de Grupo Lenovo e Motorola ao proxecto compostelanista. “Estamos seguros de que estaremos á altura e que, con eles, creceremos como o equipo que se merece Compostela”, destacou.

Pola súa banda, Alberto Ruano, director xeral de Lenovo en España, apuntou que este patrocinio da SD Compostela supón un paso máis na súa aposta polo deporte. “Estamos no mundo do motor, patrocinamos en baloncesto, pero aínda non estabamos nun club de fútbol en España. O proxecto da SD Compostela, nunha cidade como Santiago, era moi interesante para nós. Esperamos crecer da man”, sinalou durante o acto de presentación.

 

Novos equipamentos da SD Compostela

Froito do acordo asinado, o primeiro equipamento levará como patrocinador principal a Lenovo, vestindo o centro da camiseta, mentres que Motorola irá no peito, como patrocinador secundario.

Pola súa banda, na segunda e terceira indumentaria, a branquivermella e a amarela respectivamente, Motorola será a marca principal, no centro da camiseta, mentres que Lenovo situarase como secundaria, no peito.

Nesta liña, cabe destacar que, no partido desta tarde contra o Real Valladolid Promesas, a SD Compostela xa portará a súa nova indumentaria, patrocinada por Lenovo e Motorola.

Ademais, proximamente, tamén estarán dispoñibles na Tenda Oficial, situada na Rúa da Raíña, así como na Tenda Online.

 

Un impulso tecnolóxico para a SD Compostela

Ademais de patrocinar as camisetas da SD Compostela, o acordo con Lenovo e Motorola virá acompañado tamén por un impulso de accións dixitais e innovadoras.

A innovación de Lenovo e Motorola formarán parte do día a día do club, pero, ademais, tamén marcarán as actividades e proxectos, sociais e deportivos, que levará a cabo o club durante os próximos meses.

Deste xeito, Lenovo e Motorola continúan coa súa introdución no deporte, unha sección cada vez máis presente dentro do Grupo. A SD Compostela únese á lista de equipos de primeiro nivel que son patrocinados por ambas compañías, tales como o CB Lenovo Tenerife, da Liga ACB; o AC Monza, da Serie A; ou o Ducati Lenovo, do mundial de Moto GP. Ademais, tamén patrocina grandes eventos deportivos como a Formula 1.

Benvidos á familia da SD Compostela!

 

Youtube

Instagram Compos

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
🫂🩵🤍Todos xuntos! 🤝A por unha nova final este domingo! 💪ℹ️ Recorda que se eres abonado maior de 17 anos podes retirar unha invitación (só online) 🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🙌 Co apoio de todos, FORZA COMPOS! 📸 Nacho Castaño #composgimnástica ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎯 Gimnástica de Torrelavega🏟️ Os nosos adestraron esta mañá no Vero Boquete para preparar o partido vital deste domingo ás 17.00 horasImos a por todas, todos xuntos! 🩵🤍#composgimnástica ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
Hoxe temos de aniversario ao noso adestrador de porteiros, 𝐈𝐚𝐠𝐨 𝐓𝐚𝐛𝐨𝐚𝐝𝐚 🩵🤍🎂 Moitos parabéns, Iago!A celebralo este domingo cun triunfo 💪⚽️📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⌚️ Horario confirmado para as dúas últimas xornadas, que serán unificadas 🩵🤍x33 🆚Real Ávila CF 🏟️ Adolfo Suárez🗓️ Domingo, 27 de abril🕛 12.00 horasx34 🆚 Real Valladolid C.F. S.A.D Promesas 🏟️ Vero Boquete🗓️ Domingo, 4 de maio🕛 12.00 horas🧴 Laboratorios Ozoaqua - Expertos en Dermocosmética con Aceites ozonizados #ávilacompos #composrvcantera ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
E repetiuse éxito nesta pasada xornada 🩵🤍✅ Compos✅ Filial (Sigüeiro FC - ED Xuventude Oroso)✅ Xuvenil A (Canteira Picheleira) A por outra máis 💪 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.