Vitoria necesaria e merecida para o Compos en Oviedo

20 de Abril de 2024
Manu Ramírez controlando un balón na Cidade Deportiva do Requexón
Roque, moi serio na defensa, recuperando un balón para o Compos
O Compos volveu deixar a portería a cero, o terceiro dos últimos cinco, que lle permitiu sumar o triunfo
Samu, imperial no centro do campo do Compos, protexendo un balón contra un rival do Oviedo Vetusta
  • O Compos volveu gañar fóra da casa tras gañar 0-1 ao Vetusta, con gol de David Grande

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2024

A SD Compostela necesitaba gañar, mereceuno e conseguiuno. Os nosos superaron por 0-1 ao Oviedo Vetusta, nun duelo moi serio, dominado desde o principio e no que ademais tiveron innumerables ocasións. Tres puntos transcendentais para seguir pelexando polo playoff de ascenso.

O tanto de David Grande, no primeiro minuto da segunda metade, serviu para que a SD Compostela volvese gañar fóra da casa tras moitas xornadas. O primeiro tanto do dianteiro coa camiseta compostelanista foi suficiente para conseguir o triunfo.

Tralo tanto, os nosos dominaron por completo o duelo, contando con moi boas ocasións para aumentar a súa vantaxe. As máis claras, un disparo ao pau de falta de Jordan; unha cacholada de Pep Caballé, desde a área pequena, ao lateral da rede; e un man a man de Hugo Matos, que se estrelou tamén na parte exterior da portería.

En todo caso, na recta final, apareceu tamén Pato Guillén, xa recuperado, para realizar unha parada impresionante e asegurar a portaría a cero unha xornada máis, e xa son tres de cinco con Antón Permuy no banco.

Cos tres puntos e seguindo metidos de cheo na pelexa polo playoff, o vindeiro domingo tocará tentar unha nova vitoria, neste caso na casa, contra o Real Avilés Industrial. Será ás 12.00 horas no Vero Boquete.

FICHA TÉCNICA

0 – REAL OVIEDO VETUSTA: Marco; Sesé (Lamine, m.62), Marco Esteban, Aimar Collante, Jaime Vázquez, Osky (Omar Falah, m.76); Dieguito (Cheli, m.76), Víctor Blanco (Nacho Estrada, m.62), Izan (Iván, m.19), Santi Miguélez; e Xavi Sola.

1 – SD COMPOSTELA: Pato Guillén; Pep Caballé, Kike, David Soto, Roque, Jaime Santos (Hugo Matos, m.86); Samu, Pablo Antas (Antón de Vicente, m.86); Manu Ramírez (Jordan, m.55), Parapar (Escoruela, m.66); e David Grande (Manu Barreiro, m.55).

GOLES: 0-1: David Grande, min.46.

ÁRBITRO: Barrio Salas (País Vasco). Amoestou a Izan, Víctor Blanco, Lamine e Marco Esteban, polo Vetusta; e a Manu Barreiro, Roque e Escoruela, polo Compos.

INCIDENCIAS: Cidade Deportiva O Requexón (Oviedo). Xornada 32 do Grupo 1 da Segunda RFEF. Un centenar de afeccionados da SD Compostela desprazáronse ata terras asturianas.

 

AUDIO ANTÓN PERMUY ROLDA DE PRENSA

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.