Unha vitoria na casa para loitar polo playoff en Cantabria

28 de Abril de 2024
Manu Ramírez, que deu dúas asistencias hoxe, e Pep Caballé celebrando o gol do Compos
Pep Caballé celebra o primeiro gol do Compos na matinal dominical no Vero Boquete para seguir loitando polo playoff
David Grande, de novo titular, marcou gol por segunda xornada consecutiva coa camiseta da SD Compostela
A vitoria da SD Compostela permítelle situarse a un so punto do playoff e chegar con plenas opcións á ultima xornada
  • O Compos superou por 3-1 ao Real Avilés nun gran partido e xogará polo playoff na última xornada

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2024

A SD Compostela chegará á última xornada sen depender de si mesmo, pero si con plenas opcións de loitar polo playoff de ascenso. Era necesaria a vitoria para seguir con opcións e, unha vez máis, os nosos conseguírono. Gran duelo, gran imaxe e un triunfo máis que merecido, diante da afección, por 3-1 contra o Real Avilés Industrial.

Un gran inicio de partido e un bo arranque da segunda parte foron claves para que o Compos conseguise o triunfo.

Nuns primeiros minutos fulgurantes, os nosos adiantáronse cun gran pase de Jaime Santos para o corte de Manu Ramírez e a asistencia deste para Pep Caballé, que empurrou o balón á rede no segundo pau. E sen tempo para saborealo, un omnipresente Parapar gañoulle a batalla ao porteiro, púxoa para Pablo Antas, sacouna un defensor na liña, pero o rexeite caeu nas botas de David Grande, que marcou por segunda xornada consecutiva.

Co 2-0 puido caer algún tanto máis, pero o que chegou foi a reacción visitante, co gol de Davo Fernández, remachando en área pequena unha acción pola dereita.

Coa vantaxe mínima chegouse ao intermedio, pero os nosos arrincaron a segunda metade igual que a primeira. Mesma intensidade e mesma puntería. Aos seis minutos, Samu, tras combinar con Manu Ramírez, soltaba un petardazo desde a frontal imposible para o porteiro. 3-1 e vantaxe definitiva, que os nosos souberon administrar sen apenas pasar apuros.

Cos tres puntos, o Compos chega vivo á última xornada na que se medirá, de novo o domingo ás 12.00, contra o Rayo Cantabria, outro dos contendentes á quinta praza, que da acceso ao playoff. Será nas Instalacións Nando Yosu.

FICHA TÉCNICA

3 – SD COMPOSTELA: Pato Guillén; Pep Caballé, Roque, David Soto, Kike (Álvaro Casas, m.89), Jaime Santos; Samu (Antón de Vicente, m.81), Pablo Antas; Parapar (Hugo Matos, m.81), Manu Ramírez (Jordan, m.71) e David Grande (Manu Barreiro, m.71).

1 – REAL AVILÉS INDUSTRIAL CF: Davo; Trabanco, Julio Rodríguez, J. del Amo, Iván Serrano; Sierra (Joel del Pino, m.67), Edu Cortina (Alberto Martín, m.76), Mecerreyes, Davo Fernández (Isma Cerro, m.67); Jorge e Natalio.

GOLES: 1-0: Pep Caballé, min.14; 2-0: David Grande, min.17; 2-1: Davo Fernández, min.28; 3-1: Samu, min.52.

ÁRBITRO: Bordons Romero (Madrid). Amoestou a Kike e Samu, polo Compos; e a Julio Rodríguez, polo Real Avilés Industrial.

INCIDENCIAS: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 33 do Grupo 1 da Segunda RFEF disputado ante 1.823 espectadores.

 

Youtube

Instagram Compos

Facebook

9 hours ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Diego Uzal, novo xogador da SD Compostela🤝 O mediocentro coruñés chega desde Segunda RFEF e firma por unha tempada𝐃𝐢𝐞𝐠𝐨 𝐔𝐳𝐚𝐥 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/17/diego-uzal-sd-compostela-fichaxe/#benvidouzal ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

14 hours ago

SD Compostela
📋 𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐛𝐚𝐢𝐱𝐚𝐬Rabanillo e Diego non continuarán na SD Compostela a próxima tempadaGrazas polo vosa dedicación e traballo e sorte para o futuro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Pablo Antas e a SD Compostela separan os seus camiños⚽️ O mediocentro déixanos un legado de seis tempadas e 152 encontros, cun gol, en Balaídos, que será sempre recordadoMoitísimas grazas por todo, mago!O Compos sempre será a túa casa! 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/16/pablo-antas-compos-152-grazas/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 days ago

SD Compostela
Álvaro Casas e a SD Compostela separan os seus camiñosDespedimos a unha lenda do club tras 8 tempadas e 262 partidos! ⚽️Moitísimas grazas por todo, capitán! ©️ O Compos sempre será a túa casa! 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/11/alvaro-casas-compos-262-grazas/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 weeks ago

SD Compostela
➕1⃣📣 Pablo Crespo seguirá un ano máis liderando a defensa da SD Compostela🤝 O central renova por unha tempada, con opción a outra máis, co obxectivo de acadar o ascenso𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐂𝐫𝐞𝐬𝐩𝐨 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/06/pablo-crespo-renovacion-compos/#pablocrespo2026 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.