Un puntal para o Compos: Samu Rodríguez, dous anos máis de branquiazul

23 de Maio de 2024
Renovación de Samu Rodríguez coa SD Compostela ata 2026
Samu Rodríguez, acompañado por Txus Sáez, de Mahou, e os finalistas do premio ao Xogador Cinco Estrellas
Samu Rodríguez, con el premio al jugador Cinco Estrellas de la Temporada 23.24
  • Samu Rodríguez, Xogador Cinco Estrellas desta campaña, renova ata 2026, polo que cumprirá unha década como compostelanista

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2024

De 2016 a 2026. Samu Rodríguez é historia viva da SD Compostela e seguirao sendo dous anos máis. O capitán, nomeado Xogador Cinco Estrellas desta tempada, seguirá liderando o proxecto branquiazul, comandando o centro do campo do Compos.

A renovación de Samu supón a continuidade dun dos puntais do club, un xogador clave nestas últimas oito campañas e fundamental no esquema de Antón Permuy no final do pasado curso.

O Compos asegúrase así o compromiso dun futbolista que o deixa todo no campo e que foi un gran exemplo para todos nestes anos. Ademais, é un claro referente de traballo duro e constante, un sacrificio que lle levou a superar a grave lesión que sufriu en Tarazona, para terminar esta tempada en plena forma.

Coa súa renovación, Antón Permuy asegúrase a continuidade dun da xogadores clave do persoal

Nesta última media campaña, Samu disputou quince encontros, anotando tres goles, o seu mellor rexistro nunha tempada desde que viste a camiseta do Compos, o que demostra a súa evolución.

En total, actualmente, Samu Rodríguez leva disputados 197 partidos coa SD Compostela, polo que este próximo curso superará a cifra redonda dos douscentos encontros.

Todo ese potencial seguirao demostrando sobre o verde do Vero Boquete polo ben do seu Compos. Samu, un dos nosos!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🫂🏟️ Este sábado, todos a San Lázaro! 💪🩵🤍 Co voso apoio, a pola vitoria na nosa casa📸 Amadeo Rey#composbergan ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🐟⚽ O derbi tamén sabe a mar!Este 28 de novembro recibimos ao Bergantiños no Vero Boquete de San Lázaro con dúas food trucks de «GALICIA SABE AM̲A̲R̲», as cales achegarán os mellores produtos do noso mar a toda a afección alí presente entre as 16 e as 20 horasAgardámosvos antes e despois do encontro para compartir unha degustación totalmente gratuíta e gozar xuntos dunha gran xornada de fútbol con especial sabor galego🩵🤍 Vén animar ao Compos e a saborear o noso mar!📍 Estadio Verónica Boquete de San Lázaro📅 28 de novembro🕓 De 16.00 a 20.00 h#ForzaCompos #composbergan #galiciasabeamar #SDCompostela ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #composbergan🏟️ Este sábado regresamos á nosa casa e queremos darvos unha gran alegríaA polo triunfo en San Lázaro! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Hoxe e sempre: 𝗡𝗢𝗡! Nin unha menos. Non á violencia de xenero 💜#25N ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🆕️🩵🤍 Vilela debutou este pasado domingo co Compos⚽️ O central, tras superar a lesión que o apartou desde a pretempada, tivo os seus primeiros minutos coa camiseta branquiazulA por moito máis, Vilela! 🔥💪#minigloriascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.