Primeiro punto cunha gran remontada final

8 de Setembro de 2024
Manu Rivas foi o gran protagonista da tarde
Celebración do Compos tralo gol de Manu Rivas que selaba o empate
Giuliano, o autor do primeiro tanto do Compos
A bancada do Vero Boquete celebrando o gol do Compos
  • O Compos levantou un 0-2 cos goles de Giuliano e Manu Rivas

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2024

Un punto que deixa un gran sabor de boca. O Compos estreou a súa marcadora de puntos igualando contra o Pontevedra un derbi que se lle puxo moi costa arriba na primeira metade. Dous goles na recta final, de Giuliano e Manu Rivas, puxeron o 2-2 final e levaron a tolemia á bancada.

A SD Compostela conseguiu o punto sobrepóndose aos tantos iniciais de Dalisson e Rufo, no primeiro cuarto de hora. Custoulle aos nosos, que tamén tiveron varias lesións durante o choque, pero repuxéronse cunha gran recta final.

Primeiro, no 74, Giuliano recibiu de Santi de Prado, recortou ao seu par e enganou a Edu cun disparo a contrapé. E no 94, xa xogando con dez pola lesión de Giuliano, Manu Rivas logrou o empate empalando con toda a súa alma a deixada de Fer Cano.

Con este punto, os nosos encaran agora un novo derbi, esta vez como visitantes, contra o Fabril. O partido será o sábado ás 20.00 horas en Abegondo.

 

FICHA TÉCNICA

  1. SD COMPOSTELA: Rabanillo; De Prado, Roque, Pablo Crespo, David Soto, Ocaña (Manu Rivas, m.68); Samu (Álvaro Casas, m.75), Diego (Fer Cano, m.41); Óscar Gil (Hugo Matos, m.46), Giuliano e Manu Barreiro (Landeira, m.46).
  2. PONTEVEDRA: Edu Sousa; Garay, Churre, Mario Gómez; Chiqui (Cambil, m.82), Iago Novo (Xabi, m.68), Samu Mayo, Yelko Pino (Fontán, m.82), Álex González; Dalisson e Rufo (Charly, m.68).

GOLES: 0-1: Dalisson, min.9; 0-2: Rufo, min.16; 1-2: Giuliano, min.74; 2-2: Manu Rivas, min.90+4.

ÁRBITRO: Bouzas Laconti (Canario). Amoestou a Ocaña e Fer Cano, polo Compos; e a Samu Mayo, polo Pontevedra.

INCIDENCIAS: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 2 do Grupo 1 da Segunda RFEF disputado ante 2.111 espectadores. Antes do partido gardouse un minuto de silencio en memoria de José María Caneda, expresidente do Compos; e de Ángel Espadas, pai do socio do Compos.

 

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.