O Compos queda co mel nos beizos na Copa RFEF

13 de Novembro de 2024
Álvaro Casas recollendo o premio do subcampionato da Copa Federación para o Compos
Once do Compos no Francisco de la Hera
Pablo Antas celebrando o seu gol, o seu primeiro da tempada
Giuliano, nunha das accións da segunda metade
O Compos estivo moi preto de acadar o seu primeiro título nacional
  • O Compos caeu na final, 2-1, despois de que os locais remontasen o tanto inicial de Pablo Antas

Almendralejo, 13 de novembro de 2024

A SD Compostela quedou co mel nos beizos na Copa Federación. Os nosos rozaron o título, nunha final moi igualada, pero o triunfo levouno o Extremadura tras remontar o tanto inicial de Pablo Antas, 2-1.

O duelo decisivo no Francisco de la Hera foi unha contenda pechada, con poucas ocasións, que se acabou decidindo polo maior acerto local.

O Compos, que tivo a primeira oportunidade aos 4 minutos nas botas de Samu, adiantouse ao cuarto de hora cun gol en xogada de estratexia. Púxoa Fer Cano, cruzouna David Soto e remachouna á rede Pablo Antas, hoxe capitán, no seu regreso á titularidade.

Con todo, a vantaxe durou pouco, xa que Moussa aproveitou un rexeite na frontal para bater por baixo a Iago.

Non se veu abaixo o Compos que volveu gozar dunha inmellorable dobre ocasión, pero primeiro Samu e despois Santi de Prado non conseguiron a acertar coa rede.

E á volta dos vestiarios, chegou o segundo tanto local, obra de Rubén Cabeza.

De aí ao final foi un querer e non poder. Houbo moitos balóns colgados, varios remates con perigo, pero non se terminou de culminar ningunha acción. Por iso, o título quedou en Estremadura.

Agora, toca levantar cabeza deste golpe e centrarse na liga. Este domingo, ás 17.30 horas, chega ao Vero Boquete o Llanera.

FICHA TÉCNICA

2 – CD Extremadura: Robador; Samu Hurtado, Pardo, Tala (Dieguito, min.75), Alberto; Miguel Núñez; Marco (Leandro Izquierdo, min.90), Moussa, Platero (Fran Rosales, min.71; Rubén Cabeza (Cidoncha, min.75) e Callejón.

1 – SD Compostela: Iago Domínguez; Santi de Prado (Diego, min.75), Kike (Ocaña, min.44), David Soto, Roque, Manu Rivas; Selasi, Pablo Antas (Álvaro Casas, min.75); Fer Cano, Samu (Giuliano, min.58) e Carlos Cinta (Manu Barreiro, min.58).

Goles: 0-1: Pablo Antas, min.11; 1-1: Moussa, min.22; 2-1: Rubén Cabeza, min.49.

Árbitro: Aranda Delgado (Málaga). Amoestou a Pardo, Callejón, Miguel Núñez, Samu Hurtado e Moussa, polo Extremadura; e a Carlos Cinta e Manu Barreiro, polo Compos.

Incidencias: Estadio Francisco de la Hera (Almendralejo). Final da Copa Federación disputada ante uns 4.400 espectadores, aproximadamente. Antes do partido gardouse un minuto de silencio polos afectados da DANA.

 

 

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMO PARTIDO CONFIRMADO⚽️ Xornada 5🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ Domingo, 04/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🤝 Patrocinado por Proxecto Touro - Cobre San Rafael#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.