Empate dun sólido Compos en Escobedo

16 de Febreiro de 2025
Álvaro Casas, capitán, volveu hoxe ao centro da zaga cun gran rendemento.
Fausto Tienza gozou da súa primeira titularidade co Compos en Escobedo.
Santi de Prado nunha das xogadas do partido contra o Escobedo.
  • O Compos continuou coa súa melloría ante o Escobedo, aínda que esta vez non puido levar a vitoria por falta de acerto

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2025

A SD Compostela volveu sumar lonxe de San Lázaro e fíxoo cun partido moi sólido en Escobedo, 0-0. Os nosos dominaron o encontro, tiveron as mellores ocasións, pero esta vez faltoulles acerto e non puideron pasar da igualada inicial.

O equipo dirixido por Antón Permuy deu continuidade ás boas actuacións das últimas semanas, o que lle permitiu puntuar ante un duro rival.

No Estadio Eusebio Arce, a batuta do xogo levouna o Compos durante os 90 minutos, ante un rival que se repregou preto da súa área e que non inquietou a Rabanillo en ningún momento do partido.

Comezou avisando o Compos na primeira parte con dous disparos fóra de Markitos e Ocaña, que precederon á principal acción do choque. Nun saque de esquina, Manu Barreiro impúxose por arriba a todos, pero o seu croque estrelouse no traveseiro, cando o porteiro xa estaba superado.

Á volta dos vestiarios, o partido igualouse máis cos cambios, pero as accións de perigo seguiron chegando na mesma portería, a do Escobedo.

Pasada a hora de partido, un centro de Santi de Prado, de novo xogando como extremo, caeu nas botas de Carlos Pérez, pero o tiro da última fichaxe do Compos, ao primeiro pau, escapouse por moi pouco.

E a máis clara tivo lugar no 87, cando nunha falta lateral, a pelota quedou morta na área, pero os tres intentos dos nosos estreláronse contra as pernas ou o corpo dos defensas, quen impediron que chegase o gol.

Unha mágoa esa última acción, porque estivo moi preto de significar os tres puntos, que mereceran os nosos. En todo caso, tras moitas semanas, o equipo volveu sumar como visitante. Foi un punto que tocará facer bo o vindeiro domingo ás 17.00 horas, no Vero Boquete, contra o Raio Cantabria.

FICHA TÉCNICA

0 – UM Escobedo: Rumenov; Mateo (Edu Fontán, min.87), A. Cagigal, Brayan, D. Espinosa, Fermín; Raúl Tresgallo, Morales (Mario Bastante, min.72), Izam (Juan Casar, min.46); D. Somaza (Aarón, min.57) e Jay Romero (Nacho, min.57).

0 – SD Compostela: J. Rabanillo; David Soto, Álvaro Casas, Pablo Crespo (Roque, min.55), Ocaña (Manu Rivas, min.70); Santi de Prado (Landeira, min.79), Fausto Tienza, Samu (Trasi, min.79), Markitos; Hugo Matos (Carlos Pérez, min.55) e Manu Barreiro.

Árbitro: Sarabia Caro (A Rioxa). Amoestou a Mateo e Nacho, polo Escobedo; e a Fausto Tienza, polo Compos.

Incidencias: Estadio Eusebio Arce (Escobedo). Xornada 23 de Liga do Grupo 1 da Segunda RFEF.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

22 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.