A SD Compostela e Turismo de Galicia organizan as segundas xornadas “Tecnoloxía e Deporte”

11 de Marzo de 2025
  • O evento, gratuíto e con entrada libre ata completar aforo, terá lugar no Auditorio do Museo das Peregrinacións, o 20 de marzo ás 18.30

  • Enlace para inscricións nas xornadas “Tecnoloxía e Deporte”: SD Compostela

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2025

A SD Compostela, en colaboración con Turismo de Galicia, organizan a segunda edición das xornadas “Tecnoloxía e Deporte”. O evento, de acceso gratuíto e previa inscrición, terá lugar o vindeiro xoves 20 de marzo, ás 18:30 horas, no Auditorio do Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela.

Nesta segunda edición contaremos coa presenza de dous grandes expertos que falarán sobre como a tecnoloxía vai camiño de revolucionar o deporte:

  • Miguel Ángel Leal, director xeral de La Liga Tech de 2021 a 2024.
  • Lalo García Torres, CEO de HubIN, cofundador de Galicia Sportech Congress e de CeltaLab1923.

Con eles dous seguiremos abordando os novos camiños que abren as tecnoloxías máis avanzadas no mundo do deporte, abrindo paso a unha nova era, a cal permite ás entidades deportivas ser máis eficientes, con procesos preditivos que eran impensables ata fai moi pouco tempo.

Para iso, por unha banda, Miguel Ángel Leal impartirá o relatorio “Casos de uso da Intelixencia Artificial no mundo do fútbol”, mentres que, polo outro, Lalo García ilustraranos coa conferencia “Data Analytics no fútbol profesional”.

Ademais, neste evento aberto a todo o mundo, e do mesmo xeito que na primeira edición das xornadas “Tecnoloxía e Deporte”, pecharemos o acto cunha mesa redonda, na que o público asistente poderá dialogar e intercambiar opinións cos dous relatores.

 

Miguel Ángel Leal

Directivo con máis de 25 anos dedicado ao mundo da Tecnoloxía, como elemento de creación de valor nas organizacións. Desenvolveu funcións de liderado no sector do deporte, primeiro como CEO de LaLiga Tech e posteriormente como director de Tecnoloxía e Innovación de LALIGA. Investidor en startups multisectoriais, como Nexkin Medical Microviable Therapeutics ou Tadia.ai. Ademais, é membro do Consello Asesor de CIONET e ZeroNet IT.

Lalo García Torres

Profesional vinculado ao emprendemento desde 2005 como socio Fundador en Knowledge Investors (Aceleradores de Innovacion). A través da súa experiencia, xestiona programas de innovación aberta, como CeltaLab1923 ou Abanca Innova, así como un portfolio de máis de 90 startups, ademais de organizar os principais eventos de innovación desenvoltos en Galicia.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
📹⚽️ O primeiro gol da pretempada 26/27🅰️ Unai Peón🎯 Dani González#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🏆🩵🤍 O COMPOS CONQUISTA DE NOVO O TROFEO VILA DE PADRÓNCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👏 Primeiro triunfo do verán, co primeiro gol e portería a cero🆕️ Estreáronse algunhas das fichaxes e houbo minutos para a Canteira Picheleira 📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👉 Chegamos ao tempo de lecer coa vantaxe para os nosos, logo do primeiro gol da pretempada!#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📋⚽️ Carlos de Lerma1️⃣ Edu Sousa3️⃣ Miguel Prado4️⃣ Unai Peón6️⃣ Damián Noya🔟 Parapar1️⃣4️⃣ Jordan1️⃣6️⃣ Rafa de Vicente1️⃣8️⃣ Dani González1️⃣9️⃣ Buba2️⃣2️⃣ Uzal ©️2️⃣4️⃣ Turbi📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Hoxe, xogamos! 🩵🤍🆚 CDLalín 🕢 19:30 horas🏟️ Novo Campo do Doce🎟️ 5€🏆 VII Trofeo Vila de Padrón#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.