O Compos mantén as súas opcións tras empatar en Llanera

31 de Marzo de 2025
Secho estreouse como adestrador do Compos cun meritorio empate.
Samu conduce o balón coa afección do Compos observando atenta.
Pablo Crespo volveu ao once do Compos e foi un dos mellores.
O Compos non estivo só en Llanera. Houbo unha gran presenza de afeccionados de Santiago apoiando aos nosos.
  • Un gol de Fer Cano, no 86, permite ao Compos manter as súas opcións de salvación

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2025

O Compos sumou un punto no Pepe Quimarán que lle permite manter as súas opcións de salvación na Segunda RFEF. No debut de Secho no banco compostelanista, os nosos mereceron mellor sorte, aínda que acabaron conseguindo un empate, 1-1, que lles permite pelexar ata o final por evitar o descenso directo.

Nun duelo trabado, disputado nun campo de dimensións moi reducidas, todo se decidiu na segunda parte. Tras rozar o tanto nun remate de Santi de Prado, entrando ao espazo, que se escapou por moi pouco; e nun lanzamento de falta de Samu que sacou o porteiro cunha gran estirada, os locais adiantáronse no 73 nun erro defensivo do Compos.

Con todo, a pesar do mazazo que supuña o tanto, souberon levantarse os de Secho que, tirando de orgullo e casta, conseguiron a igualada na recta final. Fixérono no 86 nunha gran acción de Soto pola banda, quen atopou a Fer Cano no bordo da área para que este, con mestría, cravase o tiro cruzado no segundo pau. Golazo.

O tanto impulsou aos nosos a ir a por máis, pero a falta de tempo impediulle loitar por un botín maior.

Agora, mantendo o playout a cinco puntos, a vitoria este próximo domingo en casa faise vital. Será imprescindible o apoio de todos para sacar o triunfo no Vero Boquete contra o Salamanca. O partido decisivo será ás 20.00 horas, debido ás actividades relacionadas coa Festa da Uña de San Lázaro.

FICHA TÉCNICA

1 – UD Llanera: Alberto Hórreo; Paul Otia, Arellano (Jerome, min.87), Barrera, Leyva, Adri Turmo (Diassy, min.71), Víctor González, Charbel Wehbe (Rossi, min.46), Donate, Trujillo e Mathieu.

1 – SD Compostela: Rabanillo; David Soto, Kike, Álvaro Casas (Fer Cano, min.77), Pablo Crespo; Fausto Tienza (Trasi, min.77), Pablo Antas; Santi de Prado (Carlos Pérez, min.64), Samu, Markitos; e Manu Barreiro.

Goles: 1-0: Rossi, min.73; 1-1: Fer Cano, min.86.

Árbitro: Andrade del Olmo (País Vasco). Amoestou a Diassy, polo Llanera.

Incidencias: Estadio Pepe Quimarán (Posada de Llanera). Xornada 29 de Liga do Grupo 1 da Segunda RFEF disputado ante uns 700 espectadores. Gran presenza de afeccionados de Santiago.

 

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 A Canteira Picheleira quixo acompañar ao equipo nestas últimas horas previas á rolda definitiva de play offUn apoio para poder acadar o obxectivo do ascenso 💪Ademais, o noso capitán, @samurodriguez14, pediulles a todos os nenos e nenas, así como a seus pais, que nos acompañen mañá no importantísimo partido contra o BadalonaXuntos, somos máis fortes!!! 🙌🙌🙌#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 De capitán a capitán👉 Vestimos a Bellido coa reedición oficial da camiseta do Compos que sudou e luciu con moita honra e orgullo na Primeira DivisiónPorque hai camisetas que visten. E hai camisetas que forman parte da historiaEsta é unha delas 🙌 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Compos e Zico recuperan 30 anos despois a camiseta máis icónica da historia do club👉 Edición limitada de 1⃣0⃣0⃣ unidades da emblemática elástica dos nosos anos na 1ª División⚽️ Este domingo, lanzamento exclusivo a 60€ para abonados✍️ sdcompostela.com/gl/2026/06/12/compos-zico-historia-camiseta/🏟️ Ademais, tamén se poderá adquirir a bufanda por 10€ e o balón vintage de coiro edición limitada 1962 por 25€👉 Estas promocións só estarán dispoñibles no punto habilitado na bancada de Tribuna durante o partido fronte ao CF BadalonaEn caso de non esgotarse durante esta fase exclusiva, as unidades restantes poranse á venta o luns, na tenda oficial, a 75€#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🎤 Palabra de capitán!!👉🩵🤍 Este domingo non faltes, sodes a nosa forza!!!O voso apoio vai ser fundamental para sacar o mellor resultado na ida desta finalísima!!! 🙌🙌🙌Entre todos, a polo ascenso!!!Merca a túa entrada na Oficina, na Tenda, Online ou o domingo no despacho de billetes!!! 🎫👉 E se eres abonado, recorda que tes ata mañá ás 15:00 horas para sacar a túa entrada e, se o desexas, a do teu acompañante#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
🙌🩵🤍 +2⃣.0⃣0⃣0⃣ entradas retiradas para este domingo👉 RECORDA, mañá ás 15:00h remata o prazo para as entradas de abonados (tanto a propia do abono como se desexas retirar unha para un acompañante)Podes facelo na Oficina, na Tenda ou online🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/💪 Non quedes sen a túa entrada!!! O Vero Boquete ten que ser un fortín!!!📸 Nacho Castaño #composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.