O Compos mantén as súas opcións tras empatar en Llanera

31 de Marzo de 2025
Secho estreouse como adestrador do Compos cun meritorio empate.
Samu conduce o balón coa afección do Compos observando atenta.
Pablo Crespo volveu ao once do Compos e foi un dos mellores.
O Compos non estivo só en Llanera. Houbo unha gran presenza de afeccionados de Santiago apoiando aos nosos.
  • Un gol de Fer Cano, no 86, permite ao Compos manter as súas opcións de salvación

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2025

O Compos sumou un punto no Pepe Quimarán que lle permite manter as súas opcións de salvación na Segunda RFEF. No debut de Secho no banco compostelanista, os nosos mereceron mellor sorte, aínda que acabaron conseguindo un empate, 1-1, que lles permite pelexar ata o final por evitar o descenso directo.

Nun duelo trabado, disputado nun campo de dimensións moi reducidas, todo se decidiu na segunda parte. Tras rozar o tanto nun remate de Santi de Prado, entrando ao espazo, que se escapou por moi pouco; e nun lanzamento de falta de Samu que sacou o porteiro cunha gran estirada, os locais adiantáronse no 73 nun erro defensivo do Compos.

Con todo, a pesar do mazazo que supuña o tanto, souberon levantarse os de Secho que, tirando de orgullo e casta, conseguiron a igualada na recta final. Fixérono no 86 nunha gran acción de Soto pola banda, quen atopou a Fer Cano no bordo da área para que este, con mestría, cravase o tiro cruzado no segundo pau. Golazo.

O tanto impulsou aos nosos a ir a por máis, pero a falta de tempo impediulle loitar por un botín maior.

Agora, mantendo o playout a cinco puntos, a vitoria este próximo domingo en casa faise vital. Será imprescindible o apoio de todos para sacar o triunfo no Vero Boquete contra o Salamanca. O partido decisivo será ás 20.00 horas, debido ás actividades relacionadas coa Festa da Uña de San Lázaro.

FICHA TÉCNICA

1 – UD Llanera: Alberto Hórreo; Paul Otia, Arellano (Jerome, min.87), Barrera, Leyva, Adri Turmo (Diassy, min.71), Víctor González, Charbel Wehbe (Rossi, min.46), Donate, Trujillo e Mathieu.

1 – SD Compostela: Rabanillo; David Soto, Kike, Álvaro Casas (Fer Cano, min.77), Pablo Crespo; Fausto Tienza (Trasi, min.77), Pablo Antas; Santi de Prado (Carlos Pérez, min.64), Samu, Markitos; e Manu Barreiro.

Goles: 1-0: Rossi, min.73; 1-1: Fer Cano, min.86.

Árbitro: Andrade del Olmo (País Vasco). Amoestou a Diassy, polo Llanera.

Incidencias: Estadio Pepe Quimarán (Posada de Llanera). Xornada 29 de Liga do Grupo 1 da Segunda RFEF disputado ante uns 700 espectadores. Gran presenza de afeccionados de Santiago.

 

Youtube

Instagram Compos

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso gran capitán, Samu 🩵🤍Moitos parabéns, capi!! A desfrutalo e que este novo ano veña con moitos éxitos para celebrar xuntos!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🩵🤍 De pequenos a maiores, co apoio de todos, a por este play offTodos xuntos conseguiremos o ascenso!!Imos con todo desde este sábado!! 💪💪💪📸 Nacho Castaño#vilalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Neste Día da Ascensión, temos de aniversario ao noso mago, Parapar 🩵🤍Moitos parabéns!! Que veña acompañado dun ascenso!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🧤 Con 28 goles encaixados e unha media de 0,0092 goles/minuto, o noso Álex Cobo foi o Zamora do Grupo 1 da Terceira RFEF🩵🤍 Parabéns, Álex!! A seguir así no play off!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos comezaron onte a semana de adestramentos para o inicio do play off👉 A partir de mañá, centrados en comezar ben a fase de ascenso#vilalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.