Volve a maxia: Parapar regresa á SD Compostela

17 de Xullo de 2025
Parapar, nova fichaxe da SD Compostela para a Tempada 2025/26.
  • Parapar, tras lograr o ascenso a 1ª RFEF co Talavera, regresa ao Compos para ser un puñal pola banda

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2025

A maxia está de volta: Juan Manuel Parapar Calleja (A Coruña, 14/05/1991) regresa á SD Compostela. O extremo coruñés volverá facer diabruras na banda do Vero Boquete cos seus caneos e desbordes. Chega tras unha campaña en Talavera, onde conseguiu o ascenso a 1ª RFEF, e firma por unha tempada.

Deste xeito, Parapar regresa ao club no que comezou a súa carreira deportiva en España, tras un longo periplo por terras suízas. En Compostela estivo tres tempadas, todas elas na Segunda RFEF, disputando un total de 96 encontros, nos que ademais marcou 8 goles e repartiu máis dunha decena de asistencias.

Como ben coñece a afección compostelanista, Parapar achegará velocidade, desequilibrio e capacidade para romper defensas, xa sexa coa súa ampla nómina de caneos ou co seu disparo de media e longa distancia. Un xogador diferencial para o ataque e que será un puñal pola banda do Vero Boquete.

Volve ademais cunha clara misión: acadar o ascenso. Un éxito que xa saboreou esta pasada campaña no Talavera de la Reina. Co conxunto manchego conseguiu o salto a 1ª RFEF a través do playoff, nun ano no que foi parte importante do logro conseguido, xa que disputou 31 partidos, 22 como titular, marcando 2 goles e repartindo 6 asistencias.

Aos seus 34 anos, Parapar conta tamén cunha longa traxectoria no fútbol suízo, antes da súa primeira etapa no Compos. No país helvético, con diferentes equipos, disputou 8 tempadas, con máis de 200 encontros, e anotou máis de 40 goles, nunha etapa na que foi escalando categorías ata chegar a Segunda División.

Coa ilusión de volver a casa, Parapar agarda volver dar moitas alegrías á afección do Compos, conseguindo o desexado ascenso.

Benvido de volta, Parapar!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
📹⚽️ O primeiro gol da pretempada 26/27🅰️ Unai Peón🎯 Dani González#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🏆🩵🤍 O COMPOS CONQUISTA DE NOVO O TROFEO VILA DE PADRÓNCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👏 Primeiro triunfo do verán, co primeiro gol e portería a cero🆕️ Estreáronse algunhas das fichaxes e houbo minutos para a Canteira Picheleira 📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👉 Chegamos ao tempo de lecer coa vantaxe para os nosos, logo do primeiro gol da pretempada!#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📋⚽️ Carlos de Lerma1️⃣ Edu Sousa3️⃣ Miguel Prado4️⃣ Unai Peón6️⃣ Damián Noya🔟 Parapar1️⃣4️⃣ Jordan1️⃣6️⃣ Rafa de Vicente1️⃣8️⃣ Dani González1️⃣9️⃣ Buba2️⃣2️⃣ Uzal ©️2️⃣4️⃣ Turbi📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Hoxe, xogamos! 🩵🤍🆚 CDLalín 🕢 19:30 horas🏟️ Novo Campo do Doce🎟️ 5€🏆 VII Trofeo Vila de Padrón#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.