Chegou o primeiro triunfo como visitante

15 de Setembro de 2025
Celebración do gol de Adrián Armental contra o Boiro
Celebración do gol de Goris, o seu primeiro co Compos, que sentenciou o partido en Barraña.
Celebración gol do Compos en Barraña, na primeira vitoria como visitante.
  • O Compos gañou 1-3 ao Boiro en Barraña, primeira como visitante, e xa suma seis puntos en dous partidos

Boiro, 14 de setembro de 2025

A SD Compostela conseguiu, no seu primeiro partido como visitante, a segunda vitoria na Liga. Os branquiazuis, hoxe de negro, demostraron unha gran efectividade para levar os tres puntos de Barraña. Un equipo moi sólido, que superou por 1-3 a un bo Boiro, para seguir co gran inicio de tempada.

No encontro, os nosos adiantáronse aos 2 minutos grazas ao primeiro tanto de Armental como compostelanista. O extremo, que volvía a Boiro, aproveitou unha gran asistencia de Cañi desde a esquerda para fusilar ao porteiro e pór por diante ao Compos.

Empataron os locais, ao cuarto de hora, cun gol de Yosi, excanteirán branquiazul, pero rapidamente o Compos respondeu. Esta vez foi Cañi, quen aproveitou para cazar na área un intento de golpeo de Armental e remachar a pelota á rede.

Xa na segunda parte, Goris, que entrara no descanso, puxo a sentenza no 76. O canteirán apareceu ao espazo para recibir de Antón Guisande e definir por abaixo ante a saída de Borja Rey.

1-3 final que deixa ao Compos no alto con seis puntos de seis posibles. O vindeiro domingo, novo encontro no Vero Boquete contra o Cambados.

FICHA TÉCNICA

1- CD BOIRO: Borja Rey; Yosi (Bruno Campos, min.81), Aram, Iago Martínez, Samu Araújo; Diego Enjamio, Mario Romero (David Noya, min.81); Gonzalo Landeira (Víctor Casais, min.46), Mario Prol, Facu Moreyra (Juanma, min.60); e Yago (Rodri Zambrana, min.60).

3 – SD COMPOSTELA: Álex Cobo; Valín (Diego Rguez., min.87), Quico, Pablo Crespo, Damián N.; Mateo (Samu, min.46), Diego Uzal; A. Armental (Maceira, min.69), J. Cañizares (Goris, min.46), A. Guisande; e Carlos López (Parapar, min.60).

GOLES: 0-1: A. Armental, min.2; 1-1: Yosi, min.15; 1-2: Cañi, min.32; 1-3: Goris, min.76.

ÁRBITRO: Alejandro Castro (A Coruña). Amoestou a José Tizón (banco), Diego Enjamio, Mario Prol e Samu Araújo, polo Boiro; e a Pablo Crespo, Mateo, Quico, Diego Uzal, Antón Guisande e Damián N., polo Compos.

INCIDENCIAS: Campo Municipal de Barraña (Boiro). Xornada 2 de Liga do Grupo 1 de Terceira RFEF. Notable presenza de afeccionados do Compos.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA SAÍDA CONFIRMADA⚽️ Xornada 12🆚 Deportivo Alavés B 🗓️ Domingo, 22/11🕛 12:00 horas🏟️ CD José Luis Compañón - Ibaia 3#alavésbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.