Vitoria do Compos para o 3 de 3

21 de Setembro de 2025
Celebración de Charly tralo seu primeiro gol co Compos.
Pablo Crespo, co brazalete, celebra o seu gol decisivo para acadar a vitoria na casa.
O Compos celebra o gol decisivo de Pablo Crespo no desconto.
  • Un gol de Pablo Crespo, no desconto, deulle o triunfo ao Compos por 2-1

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2025

Houbo que sufrir ao final, pero a vitoria volveu quedar na casa. O Compos sumou a súa terceira vitoria, noutros tantos partidos, tras superar por 2-1 ao Cambados. Un gol de Pablo Crespo, no desconto da segunda metade, selou o triunfo branquiazul no Vero Boquete.

A contenda decidiuse no tramo final aínda que, como nas dúas primeiras xornadas, os nosos se adiantaron no marcador nada máis arrincar. Esta vez foi no minuto 4, na estrea goleadora de Charly, quen soltou un chut potente desde a frontal ante o que nada puido facer o porteiro.

Con vantaxe, houbo claras ocasións para ampliar a renda, sobre todo nunha ocasión que Antón Guisande mandou ao limbo tras regatear ao porteiro. Con todo, pasada a hora de encontro, o Cambados conseguiu empatar cun gran golpeo de Diego Iglesias á escuadra.

Nese momento, o Compos, apoiado pola bancada, volveu apertar ao rival e acabou atopando o merecido premio. Foi a balón parado, nunha xogada na que Alberto Lago acabou expulsado e o noso Aarón Martínez cunha contusión que lle obrigou a saír do partido en padiola, aínda que consciente. Na falta, púxoa con música ao segundo pau Armental e aí emerxeu a cabeza de Pablo Crespo para mandala á rede. 2-1 e tolemia final.

Con 9 puntos de 9 posibles, os nosos seguen adiante na liga. O próximo reto, a visita ao Céltiga á Illa de Arousa.

FICHA TÉCNICA

2 – SD COMPOSTELA: Álex Cobo; Valín (Diego Rguez., min.65), Quico, Pablo Crespo, Damián N. (Aarón M., min.65); Samu (Goris, min.75), Diego Uzal; A. Armental, Antón Guisande , J. Cañizares (Parapar, min.65); e Carlos López (Maceira, min.78).

1 – CJ CAMBADOS: David Conde; Álex Fernández, Alberto Lago, Fran Álvarez, Tavares; André Piñeiro (Anxo Martínez, min.90+2), Seydou; Diego Hernández (Manuel Rancaño, min.78), Noel Chaves, Diego Iglesias (Nico Fernández, min.85); e Gregorio Santorum.

GOLES: 1-0: Carlos López, min.4; 1-1: Diego Iglesias, min.68; 2-1: Pablo Crespo, min.90+4.

ÁRBITRO: Beatriz Cuesta (A Coruña). Expulsou a Alberto Lago por dobre amarela (min.90+3). Ademais, amoestou a Quico e Pablo Crespo, polo Compos; e a Fran Álvarez, polo Cambados.

INCIDENCIAS: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 3 do Grupo 1 da Terceira RFEF disputado ante 1.200 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

24 minutes ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMO PARTIDO CONFIRMADO⚽️ Xornada 5🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ Domingo, 04/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🤝 Patrocinado por Proxecto Touro - Cobre San Rafael#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.