O Compos domina ao Silva e segue líder

5 de Outubro de 2025
Maceira celebra o seu primeiro tanto na tempada, o seu primeiro gol co Compos.
Celebración dos xogadores do Compos tralo gol de Maceira.
Damián Noya, nun momento do partido contra o Silva.
Celebración do Compos tralo gol de Antón Guisande, o seu segundo na tempada.
  • Un gol en cada parte, obra de Maceira e Guisande, permiten ao Compos sumar os tres puntos

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2025

Suma e segue do Compos na casa. Tres partidos, tres vitorias. Os nosos dominaron ao Silva no Vero Boquete e conseguiron os tres puntos tras gañar por 2-0. Un triunfo para volver á boa senda e para manter o liderado.

O encontro, dominado de principio a fin, comezouse a decantar nos minutos finais da primeira parte, cando Maceira, que debutaba como titular, remachou de cabeza á rede un centro de Armental. O seu primeiro tanto da tempada.

E na segunda parte, tras varios achegamentos e pasada a hora de partido, decantouse a contenda grazas a Antón Guisande. O atacante apareceu ás costas da defensa, foise en solitario e definiu á perfección no man a man. O seu segundo gol en Liga.

Co 2-0 pechouse o partido e selouse o cuarto triunfo na liga para seguir líderes con 13 puntos. A próxima fin de semana, visita ao Gran Peña para seguir no alto da táboa.

FICHA TÉCNICA

2 – SD COMPOSTELA: A. Cobo; Valín, Diego Rodríguez, Pablo Crespo, Damián Noya; Diego Uzal, Samu (Parapar, min.67); Adrián Armental (Porrúa, min.76), Goris (Mateo, min.76), Antón Guisande (Trasi, min.86); e Maceira (J. Cañizares, min.67).

0 – CLUB SILVA SD: Mini Buggi; Bili, Seydi, Adrián, Lema (Covelo, min.46); Carletto (Carro, min.55), Moure, A. Montero, Baldomar (Parafita, o meun.74); Álex Ares (Nico, min.55) e Rodrigo (Joao Paulo, min.74).

GOLES: 1-0: Maceira, min.41; 2-0: Antón Guisande, min.73.

ÁRBITRO: Adam Rodríguez (Ourense). Amoestou a Álex Cobo, polo Compos.

INCIDENCIAS: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 5 do Grupo 1 da Terceira Federación disputado ante 1.367 espectadores.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.