O Compos demostra a súa solidez para conseguir outra vitoria

27 de Outubro de 2025
O capitán Samu marcou o seu primeiro tanto na tempada.
Maceira celebrando o seu terceiro gol na Liga, segundo a súa segunda xornada consecutiva anotando.
O Compos demostrou solidez no Morrazo para superar ao Alondras por 0-2.
Álex Cobo volveu deixar a portería a cero.
  • Os nosos superaron por 0-2 ao Alondras nun encontro dominado con solidez desde o principio

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2025

A SD Compostela volveu saborear a vitoria lonxe de Santiago. Os nosos demostraron solidez e levaron os tres puntos do Morrazo nun encontro dominado de principio a fin. 0-2 final para seguir no máis alto e conseguir deixar ademais a portería a cero.

Contra o Alondras, o Compos recuperou a sensación de marcar nos primeiros minutos. Fíxoo grazas a un tanto de Samu, aos 6 minutos, aproveitando unha gran asistencia de Parapar para fusilar ao porteiro desde dentro da área. Foi o primeiro gol do capitán na tempada e o undécimo xogador que marca na liga.

A pesar de pórse en vantaxe, os nosos seguiron a por máis, tiveron varios achegamentos para conseguir o gol, especialmente cun remate de cabeza de Maceira ao pau, e acabaron atopando o premio na recta final do primeiro acto, co dianteiro vigués de novo como protagonista. Tras rematar en semierro, Maceira volveu ver porta, pegándolle de segundas á pelota e superando ao porteiro. Terceiro gol na Liga e segunda xornada consecutiva mollando. 0-2.

Con esta vantaxe chegouse o descanso e na segunda parte o Compos soubo manexar a vantaxe con solidez e sen problema. Cun Álex Cobo seguro en cada acción e tentando marcar o terceiro en cada saída a campo contrario, o partido terminouse coa vitoria compostelanista.

Co 0-2, os nosos suman xa 20 puntos, seguen invictos na Liga e mantéñense no máis alto da clasificación. A próxima semana, novo partido na casa contra o Barbadás.

FICHA TÉCNICA

0 – ALONDRAS CF: Brais Pereiro; Diego Piña, Abel, Joel Rocha (Ube, min.77), Aitor Aspas; Kopa (Manufre, min.82), Lucas Camba; Guime (Martín Rafael, min.67), Víctor (Adrián Cruz, min.82), Yelco; e Luismi.

2 – SD COMPOSTELA: Álex Cobo; Diego Rodríguez, Quico, Damián Noya; Diego Uzal, Mateo, Samu (Trasi, min.88); Parapar (J. Cañizares, min.70), Goris (Valín, min.58), Armental (Aarón Martínez, min.88); e Maceira (Carlos López, min.70).

GOLES: 0-1: Samu, min.6; 0-2: Maceira, min.41.

ÁRBITRO: Sergio Castro (A Coruña). Amoestou a Abel e Lucas Camba, polo Alondras; e a Maceira, Goris e Secho (no banco), polo Compos.

INCIDENCIAS: Campo Municipal do Morrazo (Cangas). Xornada 8 do Grupo 1 da Terceira RFEF.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 hour ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALUD Llanera 1️⃣-3️⃣ COMPOS⚽️ Dani González | Buba (p.) | Antón GuisandePARTIDAZO E OUTROS TRES PUNTOS PARA OS NOSOS 🩵🤍TERCEIRO TRIUNFO SEGUIDO PARA SEGUIR CO GRAN MOMENTO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POR ACOMPAÑARNOS 👥🙌📸 Ignacio Castaño Gómez#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOUD Llanera 0️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Dani González | Buba (p.)Gran primeira parte dos nosos, dominando o encontro, para marchar ao tempo de lecer en vantaxe#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOU UD Llanera 🆚️ COMPOS💪🩵🤍#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 hours ago

SD Compostela
📋🩵🤍 OS NOSOS👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 UD Llanera #llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 UD Llanera 🏟️ Pepe Quimarán🕔 17:00 horas🎟️ 15€ - Xeral | Gratis - Menores de Idade📺 Tiivii TV🙌 A pola terceira seguida co voso apoio!📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.