A nova camiseta do Compos, un recordo á 96/97

17 de Xullo de 2026
Edu Sousa e Manu Rivas, coa nova camiseta do Compos, no escaparate de Bulideira.
Escaparate da Tenda Bulideira, na que estará exposta a nova equipación do Compos.
Edu Sousa e Manu Rivas con Lucía Miramontes, responsable da tenda.
Lucía Miramontes, responsable de Bulideira, xunto a Edu Sousa e Manu Rivas na presentación da nova camiseta da SD Compostela para a Tempada 2026/27.
  • A nova camiseta branquiazul, da man de Adidas e coa marca Xacobeo 2027, rememora unha das camisetas máis históricas do club

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2026

Un recordo á historia da SD Compostela. 30 anos despois, o Compos lanza unha camiseta que rememora a da Tempada 96/97, unha das máis icónicas do club. Da man de Adidas e coa marca Xacobeo 2027, o novo equipamento para a Tempada 2026/27 evoca tradición, orgullo e compostelanismo.

A nova camiseta do Compos loce con orgullo a marca Xacobeo, emblema da nosa cidade, con motivo da celebración do próximo Ano Santo.

Con Manu Rivas e Edu Sousa como modelos, a nova indumentaria foi presentada esta mañá na tenda Bulideira do barrio de San Lázaro, nun acto no que se combinou a tradición cultural e musical galega co deporte.

Estará á venda a partir do luns 20 de xullo, cun prezo de 67,95€ (os abonados teñen un 10% de desconto), nas canles habituais: a Tenda Oficial da Rúa da Raíña e na páxina web de Fútbol Emotion (https://www.futbolemotion.com/es/categoria/colectivos/equipaciones-s.d.-compostela).

Ademais, como novidade, a camiseta quedará exposta no escaparate da tenda Bulideira, situada na porta de entrada a Compostela do Camiño Francés, promovendo a exposición internacional da marca Compos.

Que comece o baile!

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

14 hours ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.