164 persoas beneficiáronse xa dos descontos do Carné +65 na campaña de abonos

30 de Setembro de 20260
O Carné +65 é un programa da Xunta de Galicia, liderado pola consellería de Política Social e Igualdade, cuxa conselleira, en imaxe durante a súa visita ás nosas instalacións, é Fabiola García.
  • A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, destacou a importancia de que un club como o Compos se adhira ao programa do Carné +65

Santiago de Compostela, 30 de setembro do 2026

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou as instalacións da SD Compostela para poñer en valor o Carné +65, programa da Xunta de Galicia ao que está adherido o noso club. Grazas a esta iniciativa, 164 persoas maiores de 65 anos puidéronse beneficiar dunha bonificación do 20% na Campaña de Abonos “O Camiño do Norte” para esta Tempada 26/27.

Na súa visita, Fabiola García destacou a importancia de que un club de referencia e con tanto arraigo como a SD Compostela participe nesta iniciativa, a través da que se quere fomentar o envellecemento activo.

Neste senso, a conselleira destacou que grazas ao Carné +65 son moitas as persoas maiores que desfrutan de descontos e vantaxes en servizos de saúde e benestar, hostalería, ocio e lecer, produtos ou eventos culturais.

No noso caso, o desconto do 20% aplicouse ao prezo do abono 26/27, nunha campaña que aínda segue aberta para todo aquel que queira apoiar ao noso equipo nesta tempada.

O abono inclúe o acceso aos encontros disputados no Estadio Vero Boquete de San Lázaro, acceso aos partidos de local do Xuvenil A de División de Honra, carné físico gratuíto, reserva de asento e un 10% de desconto en todos os artigos da ComposTenda.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

Youtube

Instagram Compos

Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🎫🩵🤍 164 persoas beneficiáronse do 20% de desconto co Carné +65 na campaña de abonos #ocamiñodonorte📸 Na súa visita ás nosas instalacións, a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, destacou a importancia de que un club como o Compos se adhira a este programa da Xunta de Galicia ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRIMEIRO DERBI CONFIRMADO⚽️ Xornada 6🆚 CORUXO F.C. 🗓️ Domingo, 11/10🕔 17:00 horas🏟️ O Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo queremos conseguir de novo a vitoria na nosa casa💪🩵🤍🤝 Partido patrocinado por Proxecto Touro - Cobre San Rafael 🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ Domingo, 04/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta: Link na web#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Despois da longa viaxe desde o País Vasco, os nosos descansan hoxe para retomar mañá os adestramentos💪 Toca preparar un novo encontro na nosa casa!#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🔚 FINAL@SDEibar B 1️⃣-0️⃣ COMPOSA pesar das ocasións na segunda metade, os nosos caen en Areitio 1#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.