O Compos visita O Vao en busca do seu primeiro triunfo a domicilio

9 de Outubro de 20260

Os nosos estrearán os derbis galegos visitando este domingo ás 17 horas ao Coruxo en O Vao

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2026

A SD Compostela afrontará este domingo un dos compromisos máis esixentes no calendario do Grupo 1 da Segunda Federación. O equipo de Carlos de Lerma desprazarase ata Vigo para medirse ao Coruxo FC no Campo do Vao (17 horas), no que será o primeiro derbi galego da tempada para o cadro picheleiro.

Os nosos chegan á cita tras colleitar catro puntos nas primeiras cinco xornadas de Liga, pero afrontan este partido como unha nova oportunidade para sumar de tres e acadar a primeira vitoria neste curso lonxe do Vero Boquete. Pola súa parte, o Coruxo vén de caer derrotado por 3-1 fronte ao Bergantiños, o que deixou ao cadro vigués con cinco puntos na táboa clasificatoria, unha unidade por riba dos nosos.

O escenario non será doado, pois O Vao é un estadio que historicamente lle custa á Esedé na última década. Ademais, o Coruxo é un club asentado na Segunda Federación, onde disputou as súas seis tempadas, cun histórico playoff no pasado curso. A pesar destes precedentes, o noso técnico Carlos de Lerma afirmou que o encontro debe servir para “ser nós mesmos” e “ir en busca dos tres puntos“.

Na súa intervención ante os medios de comunicación, o técnico extremeño destacou que este  derbi debe servir como “un punto de inflexión para revertir a situación actual do equipo”. Á hora de analizar ao rival, o adestrador branquiazul puxo en valor a a faceta ofensiva dos vigueses, “especialmente co seu xogo vertical“, o que o converte nun contricante moi diferente aos demais e que será moi perigoso no seu feudo. O noso preparador tamén falou da capacidade do Coruxo para manexar dúas estruturas de presión diferentes (tanto en bloque alto como en bloque medio-baixo), o que esixirá unha adaptación constante por parte do equipo.

En canto ao estado da plantilla, a enfermería condicionará novamente a convocatoria do Puma para este primeiro derbi da tempada. Rubén Vilela e Edu González seguirán a ser baixa ao non recibir aínda a alta médica. O mesmo ocorre con Damián Noya, quen traballa á marxe do grupo á espera de coñecer o resultado das súas probas médicas. A única dúbida na expedición será a de Álex Gil, con quen se tomará unha decisión “de última hora” en función do seu estado físico.

Máis alá dos precedentes e das dinámicas, o Compostela afronta este partido coa máxima ambición e ilusión por conseguir os tres puntos. Nese sentido, o noso técnico sinalou que “queremos conseguir esa vitoria para logo darlle continuidade ante a nosa afección“.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

Youtube

Instagram Compos

Facebook

9 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Atletico Astorga 👉 Os nosos para a cita de mañá na nosa casa! Recupéranse Edu González e Álex Gil#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 PREVIAO Compos recibe ao Atletico Astorga F.C. en busca do seu segundo triunfo consecutivo🗓️ Os nosos xogarán o sábado ás 17 horas co obxectivo de consolidar as boas sensacións obtidas no Vao📸 Ignacio Castaño Gómez#composatléticoastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe temos de aniversario ao noso capitán, 𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐂𝐫𝐞𝐬𝐩𝐨Moitos parabéns, Crespo!!A celebralo mañá cunha vitoria e que veña acompañado de moitos éxitos 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🧐 Este sábado, de volta na nosa casa!💪🏟️ Preparados para darvos unha alegríaTodos xuntos! 🫂📸 Nacho Castaño#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 7🩵🤍 O adestrador compostelanista valorou o ánimo do equipo trala vitoria, comentou os xogadores que recupera e apuntou os aspectos fundamentais para darlle unha alegría á afección este sábado#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.