A Canteira Picheleira segue medrando e consolídase como referente no fútbol base galego

4 de Novembro de 20260
A Canteira Picheleira segue medrando e xa ten máis de 500 xogadores e 55 adestradores.
  • Os equipos de formación de SD Compostela e CD Conxo están representados nas principais categorías do fútbol base galego.

  • A Canteira Picheleira conta xa con máis de 500 xogadores e xogadoras, ademais de 55 adestradores.

Santiago de Compostela, 3/4 de novembro de 2026

A Canteira Picheleira segue medrando e consolídase como un proxecto de referencia no fútbol base de Galicia. Integrado polos equipos de formación da SD Compostela e do CD Conxo Santiago, para a tempada 2026/27 conta con máis de 500 xogadores e xogadoras e ao redor de 55 técnicos, confirmando o crecemento sostido do proxecto.

Máis aló das cifras, un dos aspectos máis salientables é a presenza dos equipos da Canteira Picheleira nas máximas categorías de fútbol base. Especialmente, cabe destacar a categoría xuvenil, na que o proxecto conta con catro equipos, destacando o División de Honra, máximo nivel no que o club está presente por sexta tempada consecutiva, e o de Liga Nacional.

En cadetes, a Canteira conta con cinco equipos, dous deles na División de Honra e un en Preferente; mentres que en infantís dispón de seis conxuntos, con presenza tamén na máxima categoría autonómica, cun equipo, e en Preferente, con dous.

Alén da presenza salientable en Fútbol-11, a Canteira Picheleira tamén crece da man dos equipos de Fútbol-7 e Fútbol-8. Unha estrutura que se completa con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un equipo Biberón, configurando un itinerario formativo completo desde as primeiras etapas ata sénior.

Por iso, estes datos reflicten a fortaleza da Canteira Picheleira, un proxecto que segue dando pasos sólidos, crecendo tanto en cantidade como en calidade, ofrecendo aos novos futbolistas de Santiago e comarca a oportunidade de formarse e competir ao máximo nivel dentro dunha mesma canteira.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🖤 O primeiro equipo, no regreso ao traballo esta mañá, gardou un respectuoso minuto de silencio por Jesús de Miguel Descansa en paz ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRIMEIRO DERBI NA NOSA CASA CONFIRMADO🤝💡 Un partidazo patrocinado por Ojoalvatio ⚽️ Xornada 11🆚 Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
A familia da SD Compostela lamenta profundamente o falecemento de Jesús de MiguelQueremos trasladar o noso máis sentido pésame aos seus familiares e amigos, así como a toda a familia do Club Deportivo Tenerife, a quen enviamos todo o cariño e apoio para estes momentos tan difícilesDEP 🖤 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, derbi en Vilagarcía no que buscaremos regresar á senda do triunfo 💪🩵🤍𝐗𝟏𝟎🆚 Arosa SC 🗓️ Domingo, 08/11🕔 17:00 horas🏟️ A Lomba🎟️ Tribuna - 20€ | Preferencia - 15€ | Menores de 16 - 5€📺 En Xogo #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Os nosos iniciaron xa a semana de traballo coa mente posta nun novo derbi 💪Cinco adestramentos para preparar o encontro deste domingo na Lomba #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.