-
Os equipos de formación de SD Compostela e CD Conxo están representados nas principais categorías do fútbol base galego.
-
A Canteira Picheleira conta xa con máis de 500 xogadores e xogadoras, ademais de 55 adestradores.
Santiago de Compostela, 3/4 de novembro de 2026
A Canteira Picheleira segue medrando e consolídase como un proxecto de referencia no fútbol base de Galicia. Integrado polos equipos de formación da SD Compostela e do CD Conxo Santiago, para a tempada 2026/27 conta con máis de 500 xogadores e xogadoras e ao redor de 55 técnicos, confirmando o crecemento sostido do proxecto.
Máis aló das cifras, un dos aspectos máis salientables é a presenza dos equipos da Canteira Picheleira nas máximas categorías de fútbol base. Especialmente, cabe destacar a categoría xuvenil, na que o proxecto conta con catro equipos, destacando o División de Honra, máximo nivel no que o club está presente por sexta tempada consecutiva, e o de Liga Nacional.
En cadetes, a Canteira conta con cinco equipos, dous deles na División de Honra e un en Preferente; mentres que en infantís dispón de seis conxuntos, con presenza tamén na máxima categoría autonómica, cun equipo, e en Preferente, con dous.
Alén da presenza salientable en Fútbol-11, a Canteira Picheleira tamén crece da man dos equipos de Fútbol-7 e Fútbol-8. Unha estrutura que se completa con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un equipo Biberón, configurando un itinerario formativo completo desde as primeiras etapas ata sénior.
Por iso, estes datos reflicten a fortaleza da Canteira Picheleira, un proxecto que segue dando pasos sólidos, crecendo tanto en cantidade como en calidade, ofrecendo aos novos futbolistas de Santiago e comarca a oportunidade de formarse e competir ao máximo nivel dentro dunha mesma canteira.




