Os cromos do Compos son xa unha realidade

14 de Xaneiro de 2017
Membros e xogadores da SD Compostela cos seus álbums. Foto: Amadeo Rey.
Membros e xogadores da SD Compostela cos seus álbums. Foto: Amadeo Rey.

Santiago de Compostela, a 14 de Xaneiro de 2016.

Unha tarde histórica. Coa masiva asistencia de pais e nenos da canteira, así como dalgúns afeccionados do equipo, a Sociedade Deportiva Compostela presentou onte na tenda do club, en Reizentolo, o primeiro álbum de cromos da historia da entidade.

A colección, que contén un total de 239 cromos, está conformada por todos os xogadores e adestradores das categorías inferiores do equipo branquiazul; o corpo técnico e plantel do primeiro equipo; e os colaboradores, traballadores e directivos do club. Ademais, dentro do álbum tamén atoparemos un póster do primeiro equipo, así como outros aspectos da entidade, como son o himno e a historia da Sociedade Deportiva Compostela. Como detalle, o club tamén personalizou un álbum para cada membro que sae nel, aparecendo o seu cromo na portada.

Con este novo paso, e en palabras de Javier Puñal, director de márketing do Compos, “seguimos evolucionando a nivel interno, interelacionándoo entre si e facéndoo máis agradable para os que estamos nel”. O obxectivo dunha estratexia deste tipo é “buscar coñecemento a nivel interno e externo da historia do club e dos membros que o compoñen”, aclara Javier. Unha pedra máis coa que “pretendemos xerar tendencia dentro de Santiago, como club referente da cidade”, sentenza.

Nenos intercambiando xa os seus cromos na presentación de onte. Foto: Amadeo Rey.
Nenos intercambiando xa os seus cromos na presentación de onte. Foto: Amadeo Rey.

Por último, Javier Puñal quixo agradecer a Reizentolo, Kia e Kilarny, por axudar neste proxecto, así como a Cromogal, artífice da elaboración do álbum.

A partir de agora, todos aqueles que o desexen poderán atopar o álbum e os cromos nos seus diferentes puntos de venda que serán as Oficinas do club no Estadio de San Lázaro, a tenda da entidade en Reizentolo (rúa do Vilar 43), e en Peluquería Kris, no Centro Comercial Novo Milladoiro. A entrega do álbum é gratuíta, mentres que cada sobre de cromos contén seis e valerá 1€.

Aqueles que completen a colección entrarán no sorteo de diferentes premios, por exemplo un smartphone, unha camiseta dun dos equipos da Liga, un póster co teu cromo, unhas botas ou un balón.

A partir de hoxe, os xogadores e membros da SD Compostela serán os protagonistas dos míticos trueques de cromos en colexios, prazas e rúas de Santiago. O sentimento branquiazul latexará en todos os recunchos da cidade.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.