Tomás Abelleira, xogador “Cinco Estrellas” da primeira volta

25 de Xaneiro de 2017
  • O mediapunta foi o mellor nos primeiros meses de liga, segundo a afección do Compostela

  • O xogador pontevedrés demostrou un gran rendemento sobre o céspede

 

Jugador Mahou 5 Estrellas

Santiago de Compostela, a 25 de Xaneiro de 2015.

Tomás Abelleira recibiu o premio ao Xogador “Cinco Estrellas”. O mediapunta, que demostrou un gran nivel no terreo de xogo durante a primeira metade do campionato, foi elixido polos afeccionados do Compostela como mellor futbolista do seu equipo. Este premio, que lle foi entregado por Jesús Sáez, Field Márketing Rexional, está impulsado por Mahou Cinco Estrellas, patrocinador do equipo branquiazul.

O xogador pontevedrés, de 21 anos, mostrouse feliz por este recoñecemento e quixo dedicarlle o trofeo aos seus compañeiros de vestiario. “Foron eles os que me axudaron, porque eu sete goles nunha tempada non os marquei nunca”. Agradeceu publicamente o apoio que Mahou dá a clubs como o Compostela e mostrouse convencido de que o equipo acabará a tempada loitando polo ascenso. “Imos de menos a máis e iso é moi positivo sempre. Despois do parón do Nadal estamos a mellorar e agora imos pelexar polos postos de arriba”.

O presidente da entidade branquiazul, Antonio Quinteiro, estivo tamén presente no acto e mostrouse satisfeito coa decisión dos afeccionados, que foron os que elixiron ao Xogador “Cinco Estrellas”. Quinteiro afirmou que o trofeo é un recoñecemento ao “gran sacrificio” que fixo o futbolista esta tempada, xa que elixiu xogar no Compos “aínda tendo a oportunidade de xogar en Segunda B”. O presidente mostrouse convencido de que Abelleira volverá ser candidato ao trofeo que outorgará Mahou tras a segunda volta de liga.

Abelleira chegou este verán á S.D. Compostela procedente do Pontevedra e converteuse nun alicerce fundamental da escuadra dirixida por Yago Iglesias. En 21 partidos ligueiros marcou sete goles, sendo o máximo anotador do equipo. Na primeira metade da tempada consolidouse como un xogador desequilibrante, achegando un plus de calidade ao ataque compostelán. O seu bo fútbol, técnico e vistoso, logrou poñer en pé á bancada de San Lázaro en máis dunha ocasión.

Sistema de votación

A dinámica de elección do Xogador “Cinco Estrellas” é sinxela. Os afeccionados votaron a través de Twitter ao seu xogador favorito entre os cinco que propuxo o club tras a primeira volta da competición. Os usuarios que quixeron votar só tiveron que tuitear o nome do seu futbolista elixido co hashtag #Jugador5EstrellasCOMPOS dentro do prazo establecido. A mesma dinámica seguirase ao final do campionato para elixir ao mellor xogador da campaña.

Mahou Cinco Estrellas proclama a través desta iniciativa ao xogador máis destacado da primeira volta da competición ligueira e do conxunto da tempada. O trofeo outórgano os afeccionados na rede social Twitter, no perfil de @futbolmahou, coa colaboración da conta oficial da S.D.Compostela (@SD_Compostela).

Mahou Cinco Estrellas demostra o seu compromiso e o seu fiel apoio ao Compostela. Con esta iniciativa premia por unha banda aos xogadores branquiazuis máis destacados e por outro aos seus afeccionados, que son os encargados da elección.

Texto e fotografías: Mahou Galicia.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.