O Compos engánchase á loita polo playoff

26 de Marzo de 2017
Make, no momento do cuarto gol do partido contra o Arousa, partido declarado como "Día do Club". Foto: Amadeo Rey.
Make, no momento do cuarto gol do partido contra o Arousa, partido declarado como “Día do Club”. Foto: Amadeo Rey.

Santiago de Compostela, a 26 de Marzo de 2017.

Un resultado ilusionante. A Sociedade Deportiva Compostela logrou esta tarde unha vitoria crucial por 4-0 ante o Arousa, no que quizais era o partido máis importante da tempada. Unha final que se gañou con solvencia e que permite aos nosos engancharse ao tren de cabeza, xa que os postos de playoff quedan a tan só tres puntos.

No “Día do Club”, o público respondeu ao seu equipo e os xogadores quixeron agradecer aos asistentes o seu apoio cunha vitoria máis no seu feudo. Un novo encontro no que o Compos foi superior ao equipo visitante e no que se certificou que San Lázaro é un fortín para os nosos.

A pesares dos posibles nervios que poderían ter os futbolistas branquiazuis, estes responderon á perfección e levaron os tres puntos grazas aos goles de Santi Gegunde, Mon, Diego Rey e Make.

A pesar de que era unha final para os dous equipos, desde o asubío inicial o Compos mostrou un maior sacrificio que o seu rival. Saíu máis entonado e isto viuse reflectido nas ocasións que tiveron. A pesar de que comezou sen tanta posesión, a verticalidade de Rubén e Diego Rey por banda permitíalles chegar con moito perigo á meta de Pazos.

Na primeira, no 8, Rubén non era capaz de superar ao meta visitante, pero cinco minutos máis tarde, nunha xogada similar á anterior, o resultado cambiaría. A pesar de que o extremo zurdo tampouco conseguía superar ao meta, o rexeite do porteiro daba nel, e un Santi Gegunde moi atento aproveitábao para empuxar o balón á rede na mesma liña de gol.

Este gol daríalle ás a un Compos que o seguía tentando, a pesar de que neses minutos chegaría a ocasión máis perigosa do Arousa en todo o encontro. Un remate de cabeza de Sylla que atrapaba con solvencia o gato Lucas. Tamén o tentaría á media hora Julio Rey nun lanzamento de falta, pero este escaparíaselle por un lateral.

Sería o preludio dun novo arreón santiagués, xa que aos dous minutos, Mon case marca un golazo nun despexe da defensa que lle caeu no peito e que, tras un control brillante, aproveitábao para soltar un zambombazo de volea que se escapaba rozando o pau da portería.

Escaparíase esta primeira oportunidade de Mon, pero non a segunda. Tras unha contra ben defendida, Rubén deixaba o balón de cara para un Mon que, chegando desde atras, soltaba un zurdazo fenomenal que entraba pola escadra da meta de Pazos. Un tremendo golazo que chegaba nun momento crucial, xusto antes do descanso.

Á volta do mesmo, a tónica do dominio santiagués mantívose e así chegou o terceiro, o da sentenza, aos poucos minutos. Sería Diego Rey quen, aproveitando un centro de Recoba que non foi capaz de remachar á primeira Rubén, anotaría o tanto. O rexeite do porteiro, caeríalle a Diego, e o pichichi do Compos fusilaría a Pazos, facendo imposible a estirada deste.

Co terceiro, o Compos fíxose aínda máis co dominio do choque e o Arousa xa non se achegaría pola meta de Lucas. De feito, as máis claras foron branquiazuis. Santi Gegunde no 54, Rubén no 61 ou Martín no 73 e 84, non acertarían coa portería e perdoarían a oportunidade de anotar o cuarto.

Con todo, esta posibilidade non a deixaría escapar o mediocentro lucense Make quen, nada máis saltar ao terreo de xogo, aproveitaría os espazos que deixou a zaga visitante. Foi nun balón en profundidade, ás costas dos centrais, ao que chegaría o lucense e este superaría por baixo a Pazos, anotando o seu primeiro tanto do curso e o que ao cabo sería o tanto definitivo do encontro.

Catro a cero final e o playoff xa está a só tres puntos. O Compos engánchase á pelexa e gana ademais o goalaverage a un rival directo. Con este xogo, o equipo ten moitas posibilidades de entrar nesa zona de ascenso, polo que Yago espera que os seus mozos o manteñan. A fin de semana próxima, en Ordes, o Compos terá outra oportunidade de achegarse aínda máis aos postos cabeceiros. No “Día do Club” a felicidade foi para todos os compostelanistas.

FICHA TÉCNICA

4- SD Compostela: Lucas; Saro, Uña, Taboada, Cabrejo; Ube, Mon; Diego Rey (Martín, m.71), Recoba, Rubén (Make, m.82); e Santi Gegunde (Nogueira, m.63).

0- Arousa SC: Pazos; Fran Matos, Rivas, Aitor, Marcos (Suso, m.70); Sidibe, Óscar; Sylla, Julio Rey (Antón Vilas, m.46), Eloy; Fran Monroy (Hugo Soto, m.57).

Goles: 1-0: Santi Gegunde, min.13; 2-0: Mon, min.43; 3-0: Diego Rey, min.51; 4-0: Make, min.88.

Árbitro: Mazaira Rodríguez, colexio ourensán. Amoestou a Uña e Mon, polos locais, e a Aitor e Rivas, polos visitantes.

Incidencias: Partido da trixésimo primeira xornada de liga da Terceira División disputado no Estadio de San Lázaro ante 650 espectadores. Juan Viaño, reitor da USC, realizou o saque de honra do partido.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.