Voto en branco

9 de Abril de 2017
Momento da ocasión de Diego Rey e lesión de Iván Parada, no partido patrocinado por 442 Botas. Foto: Amadeo Rey.
Momento da ocasión de Diego Rey e lesión de Iván Parada, no partido patrocinado por 442 Botas. Foto: Amadeo Rey.

Santiago de Compostela, a 9 de Abril de 2017.

O Compos desaproveitou este domingo a oportunidade de meter a cabeza nos postos de playoff, xa que caeu derrotado por 0-1 ante o Villalonga, no que foi, en palabras de Yago Iglesias, “o peor partido da tempada en San Lázaro”.

Nun día excepcional e coa mellor entrada do ano, o Compos non puido acadar un novo triunfo na casa, sumando a súa terceira derrota como local. Un Villalonga moi entoado nos primeiros minutos, marcou rápido e despois soubo aguantar o gol inicial de Pablo Mota con unllas e dentes.

O cadro arousán desmostrou o seu gran rendemento nos partidos de visitante, onde suma xa oito triunfos, cos que se garantiu case a permanencia.

Coa bancada de tribuna relucente, saíu o Compos a San Lázaro coa firme intención de aproveitar o tropezo dos seus rivais para meterse de cheo no playoff. Con todo, o Villalonga xa avisou desde o minuto un, que a tarefa sería moi complicada.

Nese primeiro minuto, case sucede o mesmo que no partido de ida. Mota quedou só ante Lucas pero, a diferenza daquela ocasión, o balón foise fóra, rozando o pau da meta do santiagués. No 16 volverían avisar os visitantes, pero Filgueiras foise ao chan tras regatear a Lucas e o árbitro non sinalou nada.

Con todo, seis minutos máis tarde, na terceira ocasión de perigo, chegaría o gol. De novo Mota recibía só, sentaba a tres dun recorte, e anotaba polo medio da portería, aproveitando que o meta local xa estaba vendido. Un auténtico golazo.

Este gol fixo reaccionar aos locais, xa que no 25 case anotan o empate. Centro ao segundo pau de Cabrejo e Diego Rey, tras controlala de peito, enviou o seu disparo lamendo o pau. Foi unha acción decisiva no partido, porque nela o porteiro visitante, Iván Parada, lesionaríase. Tardaría en levantarse do chan case cinco minutos, pero ante a falta de porteiro suplente, tivo que aguantar sobre o terreo de xogo. E como aguantou. A pesar de que apenas se podía mover, sacou dúas mans consecutivas a tiros de Diego Rey e Ube, unha a cada lado, cunhas estiradas maxestuosas. E antes do descanso, aínda sacaría outras máis, nun remate de Santi Gegunde de cabeza ao segundo poste, que o meta despexou contra o pau.

Parecía que se seguían con esa dinámica, o gol chegaría, pero non foi así. Á saída dos vestiarios, o Compos saíu a esmagar, pero un Villalonga moi ben organizado, protexendo en todo momento ao seu porteiro, soubo aguantar o marcador.

O Compos tería as súas, máis a falta de profundidade doutras ocasións, impediulles que estas fosen moi claras. A máis importante chegaría no 52, cando tras unha xogada por banda dereita, Santi Gegunde deixaba atrás a Rubén e este, coa dereita, remataba pegado á cepa do poste.

Desde ese minuto, primeiro Recoba toparíase con Iván nun contragolpe, despois Cardeñosa non atinaría no remate de cabeza, tras un córner, e por último David Nogueira, non foi capaz de superalo, tras un disparo forte e raso desde o balcón da área.

Aínda se engadiron cinco minutos máis, pero o marcador xa non se moveu. O Villalonga sufriu, pero sacou un resultado valiosísimo de terras compostelás, mentres que o Compos lamenta a final perdida. Con todo, o resultado dos seus rivais, co empate do Arousa e a derrota do Villalbés, déixanlles nunha posición moi similar. O playoff agora está a dous puntos, polo que unha vitoria en Bouzas permitiríalles volver coar a cabeza nos postos de honra. Esta vez, a final en terras viguesas, terá que vir acompañada dun resultado máis propicio.

FICHA TÉCNICA

0- SD Compostela: Lucas; Saro, Cardeñosa, Uña, Cabrejo; Samu (Make, m.35), Ube (Nogueira, m.61); Diego Rey, Recoba, Rubén (Martín, m.52); e Santi Gegunde.

1- Villalonga FC: Iván Parada, Ronald (Jose, m.59), Iván Renda, Bisti, Santi; Manu, Mota (Adrián Santos, m.77); Filgueira (Aarón, m.69), Cerqueiras, Álvaro; e Javi Pazos.

Goles: 0-1: Pablo Mota, min.22.

Árbitro: López Parga, colexio lucense. Amoestou a Samu, Make, Diego Rey, Cabrejo, Uña, Cardeñosa e Nogueira, polos locais, e a Manu, Iván Renda, Álvaro e Iván Parada, polos visitantes.

Incidencias: Partido da trixésimo terceira xornada de liga de Terceira División disputado no Estadio de San Lázaro ante 950 espectadores.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

23 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.