Unha vitoria trascendental

21 de Abril de 2017

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://www.youtube.com/watch?v=CDZ2bUY9lWI” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

Santiago de Compostela, a 21 de Abril de 2017.

Unha nova oportunidade. A SD Compostela busca recuperar a senda da vitoria e para iso enfrontarase este sábado pola tarde (18h) ao CD Choco en San Lázaro.

O equipo de Yago Iglesias, tras dúas derrotas contra o Villalonga e Rápido, quere sumar de tres para ter algunha oportunidade de clasificarse para o playoff de ascenso.

O rival para lograr este obxectivo será un Choco que tenta escapar dos postos de perigo, tras unha segunda volta na que están a render a gran nivel.

“Empezaron titubéante, debido a que ao xogar a fase tardaron máis en volver aos adestramentos. Ademais, os resultados non lles acompañaron e metéronse aí abaixo. Pero non é ningunha sorpresa a súa segunda volta, xa que son un equipo moi competitivo, con moi bos xogadores de medio campo para arriba”, analiza Yago.

No partido en Redondela, ambos os conxuntos empataron a un gol, nun encontro en que os vermellos se adiantaron nos primeiros minutos por mediación de Rober, tanto neutralizado polos santiagueses cun gol de Tomás Abelleira. Aínda así, o técnico branquiazul sabe que “se o equipo está na liña de San Lázaro, non ten que temer ao rival”. Ese Compostela que desexa é “ese conxunto vertical, que sabe dominar co balón e que é moi competitivo”. Ese estilo futbolístico é vital para que “volvamos marcar”.

Na mesma liña que o adestrador, Juan Cabrejo agarda que o partido contra o Villalonga fose “un mal día” e que este sábado “volvamos ver o Compostela de fai tres semanas, ese conxunto que fai correr ao rival detrás do balón”.

O lateral, coa súa enorme experiencia, é consciente que “nestas catro semanas pode pasar de todo”. En palabras de Cabrejo, “coas dúas últimas derrotas témolo máis difícil, pero loitaremos ata o final para conseguilo, por nós, a afección e este club”. Entrar na zona de playoff sería “un final perfecto” para unha carreira tan lonxeva como a súa.

Por último, Yago e Cabrejo recalcaron que agardan atoparse un San Lázaro moi colorido, nun partido que se xogará nun día moi pouco habitual para os santiagueses. A afección ten que ser o xogador número doce para que os tres puntos volvan quedar na casa.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMO PARTIDO CONFIRMADO⚽️ Xornada 5🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ Domingo, 04/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🤝 Patrocinado por Proxecto Touro - Cobre San Rafael#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.