As categorías inferiores queren repetir a experiencia

1 de Marzo de 2018

Santiago de Compostela, a 1 de Marzo de 2018.

As categorías inferiores da SD Compostela desexan repetir os resultados acadados a fin de semana pasada, nunha xornada na que regresará o xuvenil de Liga Nacional tralo parón da semana pasada.

Precisamente, estes últimos terán que viaxar ao campo do Santa Mariña (Cotogrande) para medirse ao conxunto local, o cal levo os tres puntos na primeira volta. O encontro xogarase o sábado ás 16.00 horas.

Pola súa banda, o xuvenil B quere manter a súa boa dinámica aínda que para iso teña que sumar contra o sempre complicado Milladoiro SD. O partido será o sábado ás 16.00 horas no Novo Campo Milladoiro.

O cadete será o que máis complicado téñao, xa que se medirá ao líder da categoría, o CD Boiro. Con todo, buscará dar a sorpresa o domingo no campo da Barrosa, en Villestro. O duelo comezará ás 12.45 horas.

En infantís, coa intención de repetir o seu último dobrete, enfrontaranse ao Xuventude Oroso e Milladoiro, respectivamente. O primeiro xogará o domingo ás 11.00 horas no campo Liño Balado de Sigüeiro e o segundo farao no Novo Campo Milladoiro, o sábado ás 12.00 horas.

En categoría alevín, A e B saltarán ao campo o sábado ás 11.00 horas. O de primeira xogará o playoff no campo de Cepelo (Negreira) para medirse á SD Negreira, mentres que o de segunda quere manter a súa boa clasificación gañándolle ao Vista Alegre en Santa Isabel.

Por último, o Benxamín, tras cultivar dous triunfos nas últimas dúas xornadas, tentarán levar outra alegría no seu duelo contra o Dubra SD, o sábado ás 16.00 horas no campo da Tilleira.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

23 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.