Lorenzo Riveiro repetirá na portería outro curso máis

4 de Xullo de 2018
  • Firma por un ano e competirá con Anxo Pérez pola titularidade

Santiago de Compostela, a 4 de Xullo de 2018.

Lorenzo Riveiro Oliveira será o porteiro da SD Compostela unha tempada máis. O meta de Padrón repetirá baixo os paus do Estadio de San Lázaro despois de renovar a súa vinculación coa entidade branquiazul por un curso máis.

Con este novo contrato, o porteiro cumprirá o seu segundo ano e medio defendendo a elástica compostelanista, na súa segunda etapa na capital galega. Tras compartir vestiario con Lucas Díaz, esta próxima campaña, Lorenzo competirá pola titularidade con Anxo Pérez, nova fichaxe da entidade para o proxecto.

Nesta última campaña, o meta disputou un total de dez partidos, todos eles como titular, nos que encaixou só oito goles. As súas grandes actuacións permitiron que o equipo queda coa porta a cero en cinco ocasiones, destacando o encontro en As Eiroas, contra o Bergantiños FC, ou no Carballiño, contra o CD Arenteiro, no partido no que o Compos celebrou o título de liga.

No curso anterior, Lorenzo chegou a Santiago no mercado invernal, procedente do Alondras, malia que contou con escaso protagonismo, xa que só disputou as tres últimas xornadas de liga, nas que o equipo logrou dous triunfos.

Anteriormente, tamén xogara na SD Compostela na tempada 2013/14, na que o club militou na Segunda B.

Aos seus 27 anos, o gardameta destaca polo seu gran xogo de pés, as súas calidades baixo os paus e unha gran capacidade para deter penaltis.

Coa súa renovación, xa son once os xogadores que asinaron a súa continuidade para a próxima campaña e, ao mesmo tempo, o club pecha a portería para este ano no que tentará que a súa peregrinación acabe co soño do ascenso.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

6 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.