Un punto de moito mérito dun Compos superior

23 de Outubro de 2022
Celebración GOl Darío vs Coruxo
Remate Gol Darío vs Coruxo
Ocasión Antas vs Coruxo
Antas vs Coruxo
  • A SD Compostela empatou 1-1 contra o Coruxo, nun partido no que mereceu maior premio por todo o mostrado sobre o verde

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2022

A SD Compostela sumou un novo punto nun duelo trepidante contra o Coruxo. A pesar das adversidades e a xogar moitos minutos cun menos, os nosos mostráronse superiores no Vero Boquete e fixeron méritos para conseguir maior premio.

Tras un arranque cun Compos mellor, o Coruxo adiantouse na súa primeira opción, aproveitando un erro na saída de balón, con tanto de Chiqui. Pero rapidamente empatou Darío, co seu terceiro gol da tempada, cun gran remate de cabeza. Ata o final, houbo opcións para os nosos, pero non caeu o segundo.

Cos mesmos protagonistas e a mesma disposición que as últimas semanas, a SD Compostela regresaba ao Vero Boquete para a disputa dun novo derbi, un encontro matinal marcado polas condicións meteorolóxicas adversas. Co terreo de xogo lixeiramente encharcado nas bandas e o vento facendo acto de presenza en continuas ocasións, a contenda presentábase aínda máis igualada.

Arrincou o Compos mellor, máis incisivo e sen medo a buscar o ataque. Con todo, co encontro controlado, unha acción de mala fortuna serviu para que os visitantes se adiantasen no marcador, no 13. Pato sacou de portaría, pero o esférico quedou curto, cortándoo un central no centro do campo, a pelota caeu a Luismi na frontal, conectou con Añón e despois con Chiqui, a un lado e ao outro, e este último soltou un lategazo ao primeiro pau que acabou na rede, 0-1.

Conscientes de que estaban mellor plantados sobre o verde, os branquiazuis non se viñeron abaixo e obtiveron a súa recompensa catro máis tarde, no 17. Nun saque de falta colgado por Samu desde tres cuartos de campo, apareceu Darío coa súa cabeza para realizar un soberbio remate con parábola que se coou pola escuadra, 1-1.

Foi aínda a máis o equipo co empate e nun intervalo de dez minutos gozou de ata tres oportunidades claras para materializar o segundo. No 20, de novo apareceu Darío coa súa cabeza, esta vez para rematar o centro lateral de Álvaro Casas, pero Alberto lanzouse ao primeiro pau para salvala. Dous máis tarde, o punta santiagués conectaba con Roque e este de primeiras cara ao segundo pau, por onde entraba Antas só, pero o mediocentro non chegou por moi pouco para empuxala á rede. E no 25, Riki Mangana, desde a frontal, probaba sorte cun disparo con bote que atrapou Alberto na liña.

Tamén o tentaría o Coruxo, pasada a media hora, tras unha xogada ensaiada, pero Pato despexaba ben o golpeo de primeiras de Luismi. Por iso, chegouse ao intermedio coa igualada.

Á volta dos vestiarios, coa mesma premisa do primeiro tempo, o Compos partiu convencido de que podía chegar o segundo. Con idéntico once, os branquiazuis querían aproveitar as boas sensacións mostradas ata o momento.

Aínda así, foi un inicio da segunda metade igualado, no que o vento volveu xogar malas pasadas. A pesar diso, os nosos tiñan a contenda controlada ata que o colexiado, nunha acción moi polémica, sacou a segunda amarela a Samu. O central de Bembibre recibiu ambos cartóns nun intervalo de catro minutos, a segunda delas nun forcexeo, con balón polo medio, contra Luismi.

Tocaba sufrir cun menos, aínda que o Compos soubo adaptarse rápido a tal situación. Tal é así, que mesmo creou perigo, por mor da entrada de Mario Rodríguez, que volvía de lesión. Precisamente, o mediapunta catalán colleuna ao espazo no 70, pero o seu pase atrás non atopou a Darío. E no 81, nunha acción individual, foise dos defensores, pero algo pechado non foi quen de superar a Alberto por abaixo.

Na recta final, houbo accións de perigo para ambos bandos, aínda que sen conseguir ningunha ocasión clara, polo que non variou o resultado, 1-1.

Deste xeito, un punto para cada equipo, nun encontro no que o Compos xogou un gran partido, merecendo mesmo máis cun xogador menos sobre o verde. Repartición de unidades e un camiño a seguir para volver sumar lonxe de casa, noutro derbi, contra o Bergantiños.

FICHA TÉCNICA

1- SD COMPOSTELA: Pato Guillén; Riki Mangana, Kike (Jordan, m.60), Samu, Pablo Crespo, Damián; Álvaro Casas, Roque, Pablo Antas; Fer Beltrán (Mario R., m.65) e Darío.

1- CORUXO FC: Alberto; Johan, Lucas, Antonini, Aitor Aspas (Marcos, m.46); A. de Vicente (Pitu, m.67), Focareta; Añón (Youseff, m.67), Gandoy, Chiqui (E. Bugarín, m.85); e Luismi.

GOLES: 0-1: Chiqui, min.13; 1-1: Darío, min.17.

ÁRBITRO: Castellanos Argüeso (Cantabria). Expulsou a Samu (m.56) por dobre amarela. Ademais, amoestou a Roque , Álvaro Casas, Pablo Crespo, Darío e Fabiano (no banco), polo Compos; e a Lucas e Marcos, polo Coruxo.

INCIDENCIAS: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 8 da Segunda RFEF disputada ante 723 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

6 hours ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.